A 3ª xornada da Liga Atlántica de Billarda celebrouse en Paiosaco cunha participación de 54 palanadores entre os cales algúns procedían de equipos de Lugo e das Rías Baixas.
O campo estaba cuberto pola herba mollada e os clubs de billarda do noroeste presentaron as súas ropas deportivas de anunciantes, xa que despois da actuación da billarda no famoso programa Got Talent, as casas comerciais mostraron maior interese por esta actividade deportiva en constante auxe.
Na categoría absoluta, Xan Rodiño da Lúa de Forza – Sanxenxo proclamouse campión, sendo Juan Carlos do Campo da Feira de Paiosaco o subcampión e Xulio, tamén do Campo da Feira, ocupando a terceira posición.
Na categoría feminina, Isa do Campo da Feira foi a campioa da xornada, seguida por Vero do Chaínzos Cadaval de Castro de Rei na segunda posición e Delia, tamén do Chaínzos Cadaval, na terceira praza.
Na categoría infantil, o campión da xornada foi Abel do Campo da Feira, Óscar García de Cochiqueiros de Cerceda foi segundo e a terceira praza foi para Uxío de Filloas de Sangue da Coruña.
E finalmente por equipos, Campo da Feira dominou a terceira xornada de billarda, seguido por APB A Laracha na segunda posición e Filloas de Sangue como terceiro clasificado.
Desde a Liga Atlántica de Billarda agradecen ao concelleiro Ramiro Bello Recouso, que estivo presente na xornada, e ao Concello da Laracha pola colaboración, promoción e difusión deste deporte e proporcionar un novo lugar para a práctica da billarda.