BILLARDA: 4ª xornada

A cuarta xornada da Liga Atlántica de billarda celebrouse en Laxe, onde preto de 60 palanadores/as acudiron á cita anual nesta fermosa vila mariñeira.

O dia amañeceu con choiva, pero antes de comezar a xornada en Laxe o tempo melloraba e algúns palanadores querían xogar onde estaba previsto, na Praia de Laxe, un lugar onde a visión do xogo sería mais fermosa que dentro do pavillón e tamén poder evitar a mascarilla,e reducir a posibilidade de contaxio en espazo aberto,pero desde a organización decidiron xogar no pavillón.

Categoría Infantil: Venceu Abel do Campo da Feira de Paiosaco, sendo segundo Óscar García do Cochiqueiros de Cerceda e na terceira praza estaría Carmela da APB A Laracha.

Categoría feminina: A integrante do Campo da Feira, Isa, proclamouse campioa e no segundo posto e tamén do mesmo equipo, quedou Mercedes. A terceira clasificada foi Lola do Rinocerontes de Pontevedra.

Categoría Absoluta: O campión absoluto da xornada foi Xosé Collazo do Campo da Feira, mentres que o segundo posto foi para Javier do Chaínzos – Cadaval de Castro de Rei (Lugo) e a terceira praza ocupouna Berdillo do Cochiqueiros.

Equipos: O Campo da Feira dominou a xornada e foi o equipo vencedor, quedando a APB na segunda posición e Cochiqueiros como terceiros.

A Liga Atlántica de Billarda agradeceu ao Concello de Laxe pola súa presenza, representada polo alcalde Jose Luis Añón e a concelleira de cultura, Raquel Lema Allo, que entregaron os premios aos vencedores e agasallaron coa típica tortilla doce de Laxe.

A próxima xornada de Billarda celebrarase na Silva – Cerceda e contará co convite do restaurante “O Cordobés” de Razo.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas