Todo equipo ten ao seu director de orquestra encargado de distribuír o xogo do equipo como ligazón entre a defensa e o ataque.
Nese rol entra un futbolista como Bruno Bellas Otero (Ferrol, 2001), un centrocampista que achega ao equipo esa pausa necesaria á hora de elaborar as xogadas. Fogueouse nas categorías inferiores do Dépor e do Racing, para posteriormente recalar no conxunto somocense onde está a cumprir a súa quinta tempada.
É un amante do bo fútbol e á hora de elixir referentes non o dubidou, comentando que “a nivel tanto futbolístico como na súa maneira de ser sempre me gustou Iniesta e sempre me fixei nel e no que facía no campo”, e engadindo que “agora me fixo moito en Pedri, encántame velo xogar e como se desenvolve no campo”.
O rol de centrocampista é dos máis importantes e para moitos pode ser unha responsabilidade coa que é difícil lidar, aínda que no caso de Bruno “xogo sen presión. Xogo ao fútbol porque gozo diso desde que son pequeno, pero de feito, gústame que o xogo pase sobre min e sentirme protagonista”, deixando claro que a “presión nunca”.
O seu manexo do balón, disciplina e liderado valeulle a confianza dos técnicos que lle dirixiron na súa carreira, comentándonos que a clave é “xogar tranquilo e confiar nun mesmo”, xa que o ferrolán xoga para “gozar e intento facelo en cada partido e iso lévame a mellorar o meu rendemento”.
Foto: Sadmoody241