Carlos Costa: “Estou rodeado de xente boa”

A liña defensiva do Muxía ten como protagonista a Carlos Costa Carabel (Dumbría, 2005), que cumpre a súa segunda tempada no club achegando velocidade, intensidade e unha marcaxe férrea sobre os atacantes rivais.

Conta cunha traxectoria que iniciou na base do Dumbría, pasando polos xuvenís do Dépor e do Bergantiños, e compaxinando co fútbol sala no Fisober, co que leva tres campañas.

Que sentes levando a camiseta do Muxía por segunda tempada consecutiva?
É un orgullo vestir a camiseta dun pobo como Muxía, a súa xente e o interese polo fútbol que teñen é moi chulo. Estou rodeado de xente boa, á que podo chamar amigos, e dun club que sempre che axuda en todo. Un dos mellores anos futbolisticamente para min foi a tempada pasada no que quedamos con esa espiniña cravada de non poder ganar a Copa da Costa, vivindo tamén un dos momentos máis duros persoalmente. Este ano intentaremos facelo o mellor posible na liga e na copa, a ver se por fin levamos unha alegría das boas.

Que opinas do nivel da liga?
Penso que vai ser unha liga moi igualada quitando a dous ou tres equipos que estarán arriba claramente pelexando polo título. Este ano hai novos equipos e non os coñezo nada, así que a ver que nos espera.

Como levas compaxinar o Muxía co Fisober?
Tanto no Fisober como no Muxía non me meten ningún problema para ir a ambos deportes nun fin de semana, xa que hai algúns equipos que non lle deixan aos xogadores ir a ambas cousas. O fútbol sala gústame tanto como o herba, e mentres poida, seguirei compaxinándoos sempre. No Fisober espero unha tempada ilusionante ao igual que no Muxía, comparto vestiario e corpo técnico cunhas persoas espectaculares.

Foto: Foto Fuentes

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Álex Varela: “Reforzámonos ben”

Desde a ambición competitiva e o instinto goleador emerxe Alejandro Varela Maceiras (Miño, 1998), coñecido como Álex Varela. Mediapunta de formación e dianteiro por determinación,

Artai: “Somos unha piña”

O atacante Artai Miraz Casal (Ferrol, 1997) é vertixe e determinación ao servizo do Meirás, onde afronta a súa segunda tempada. Formouse no Racing desde