Daniel Remuiñán disputará o Rallye Rías Altas Histórico

O vixente Campión de España de Classic Silueta loitará polo triunfo na cita herculina. O piloto de Laracha, Daniel Remuiñán, volverá estar presente esta fin de semana no Rallye Rías Altas Histórico, unha das citas máis especiais do calendario galego. Nesta ocasión, farao aos mandos do Peugeot 205 Proto de Ya-Car Racing, contando con Diego […]
Club Salvamento Acuático Laracha: éxito histórico no Campionato de España de Salvamento e Socorrismo

O Club Salvamento Acuático Laracha consolídase como referente do salvamento deportivo en Galicia e España, tras os impresionantes resultados dos seus deportistas Pedro Caamaño Verdía e Shaila Rodríguez Rodríguez, previamente concentrados coa Selección Galega de Salvamento e Socorrismo no Campionato de Comunidades Autónomas celebrado este fin de semana en Pontevedra (piscina) e en Sanxenxo (Praia). […]
Gorka Oliveira: “O ambiente do equipo é sempre bo”

Un dos magos do Escola Lubiáns é Gorka Oliveira Hevia (Oviedo, 2003), que esta tempada cumpre a súa terceira campaña consecutiva coa elástica do club carballés. É un xogador habilidoso, traballador e que se gañou o agarimo do club e da afección, contando ademais cunha boa traxectoria en equipos como o Oviedo Roller ou o […]
Marco Senra: “Volvo á miña casa e a miña terra, coa miña familia e amigos”

O Volei Dumbría terá ao fronte do banco a Marco Senra Blanco (Lires, 1997), que volve á que foi a súa casa, pois foi canteirán da entidade costeira durante a súa etapa de xogador. O ceense é un técnico moi traballador, coñecedor da filosofía do Dumbría e da importancia da base, con ambición deportiva e […]
Kenny: “É un orgullo poder volver”

Un dos reforzos do Fisober é María Villaverde Ameijeiras (Vimianzo, 2004), coñecida como Kenny, unha xogadora talentosa, veloz, habilidosa no “dribling” e con moita efectividade de cara ao gol. Retornou ao club tras formar parte del desde os oito ata os quince anos, e ademais, compaxinará co fútbol 11 no Soneira, co que cumprirá a […]
Lucía Díaz: “O feito de xogar en Nacional supón un desafío para min que afronto con moita ilusión”

O Club Baloncesto Laracha, que este ano milita na categoría nacional, ten entre as súas filas unha xogadora que é emblema do club, a capitá e talentosa Lucía Díaz Esmorís (A Laracha, 1994), capaz de adaptarse ao xogo de exterior como de interior e que desde os seis anos está ligada ao mundo do baloncesto […]
Hugo Fraga: “Desde que cheguei aquí, sempre me gustou o ambiente que hai”

Hugo Fraga Cotelo (Carballo, 2006) comezou a súa carreira futbolística desde temperá idade, formando parte da base do Bergantiños durante a etapa de benxamíns ata a de cadetes, momento no que marchou e deu o paso para vestir por primeira vez a indumentaria do Cerqueda, e desde entón, non a volveu a quitar, converténdose nun […]
Carlos Costa: “Estou rodeado de xente boa”

A liña defensiva do Muxía ten como protagonista a Carlos Costa Carabel (Dumbría, 2005), que cumpre a súa segunda tempada no club achegando velocidade, intensidade e unha marcaxe férrea sobre os atacantes rivais. Conta cunha traxectoria que iniciou na base do Dumbría, pasando polos xuvenís do Dépor e do Bergantiños, e compaxinando co fútbol sala […]
Toni Vilar: “Creo que a adaptación será boa”

Un dos cerebros do centro do campo do Dumbría é Antonio Vilar Fábregas (Fisterra, 2002), coñecido como Toni Vilar. Os seus inicios remóntanse a unha dilatada traxectoria polas bases do equipo dumbriés, Bergantiños, Fisterra, Dépor, Calasanz e finalmente do Burgos, para posteriormente dar o salto á categoría senior da man do Arzúa, e a continuación, […]
Alexia Lorenzo: “En Estados Unidos o fútbol é moi físico e trátanche como profesional”

A talentosa Alexia Lorenzo Pereira (Coristanco, 2006) comezou a súa traxectoria no Coristanco ata cadetes, para seguir no Victoria CF e logo estar tres tempadas no filial. Posteriormente machou a Estados Unidos cunha beca deportiva de catro anos para a Freed-Hardeman University, en Tennessee, onde compaxina o fútbol no equipo universitario cos estudos de kinesioloxía […]