Un dos cerebros do centro do campo do Dumbría é Antonio Vilar Fábregas (Fisterra, 2002), coñecido como Toni Vilar. Os seus inicios remóntanse a unha dilatada traxectoria polas bases do equipo dumbriés, Bergantiños, Fisterra, Dépor, Calasanz e finalmente do Burgos, para posteriormente dar o salto á categoría senior da man do Arzúa, e a continuación, militando en equipos como o Ordes, Paiosaco e Montañeros, ata recalar no Dumbría co que esta tempada cumpre a súa segunda campaña.
A pesar da súa xuventude, o fisterrán exhibe galóns apoiado pola súa traxectoria e experiencia nas diferentes categorías e que unido á súa calidade, fixéronlle gañarse a confianza dos seus compañeiros e do seu técnico, sendo unha das pezas claves da medular do equipo dumbriés. É un xogador cunha ampla visión de xogo, precisión e que a tempada pasada destapouse coa súa facilidade para ver portería anotando ata en seis ocasións.
Que che motivou para renovar unha segunda tempada?
Sobre todo, o gran ambiente que temos dentro do vestiario.
Como crees que se adaptará o equipo a esta nova categoría?
Creo que a adaptación será boa, estamos todos con moitísimas ganas e traballando moito.
Tes experiencia na Preferente. Que aconsellarías aos compañeiros que se estrean nesta división?
Que gocen competindo e que esteamos todos a unha. Ao final, durante o ano, hai momentos duros e aí é onde máis hai que apertar.
Foto: Foto Fuentes




