Hugo Fraga Cotelo (Carballo, 2006) comezou a súa carreira futbolística desde temperá idade, formando parte da base do Bergantiños durante a etapa de benxamíns ata a de cadetes, momento no que marchou e deu o paso para vestir por primeira vez a indumentaria do Cerqueda, e desde entón, non a volveu a quitar, converténdose nun dos piares fundamentais da retagarda.
A pesar da súa curta idade, o carballés mostra ápices de experiencia no xogo, sendo un defensa férreo, rápido, con boa saída de balón e que achega equilibrio ao despregamento defensivo, virtudes que lle levaron estas dúas últimas tempadas durante a súa etapa de xuvenís a estar en dinámica co primeiro equipo e gañarse un oco no once titular na maioría de partidos que acudiu co senior.
Que significa para ti defender o escudo do Cerqueda?
Pois desde que cheguei aquí, sempre me gustou o ambiente que hai e estou moi a gusto.
Que esperas da tempada?
Pelexar todos os partidos un a un e se se pode, tentar entrar á fase de ascenso e oxalá ascender.
Que rivais ves máis fortes este ano?
A verdade é que non vin moito, pero supoño que, polos resultados da primeira xornada, o Oza e o Cee estarán por arriba.
Foto: Foto Fuentes




