A maxia da Malata obra un milagre: o Baxi conquista unha remontada épica no último suspiro

Cando todo parecía perdido, a alma da Malata espertou para empurrar o Baxi cara a unha vitoria inesquecible, onde as ferrolás, que chegaron a estar sete puntos por debaixo no tramo final, protagonizaron unha remontada heroica ante o Kutxabank Araski, nun final de infarto no que lograron impoñerse por 82-77. Unha vez selado o pase […]
O Baxi Ferrol arrasa ao Beroe Stara Zagora e sela o seu pase á fase de grupos da EuroCup Women

O conxunto ferrolán impúxose por un contundente 85-58 no partido de volta da eliminatoria previa, facendo valer a súa superioridade e a vantaxe de quince puntos acadada na ida para garantir a súa clasificación europea. O Baxi Ferrol chegaba ao segundo e definitivo encontro da eliminatoria previa da EuroCup Women cos deberes practicamente feitos. Tras […]
Sito Cabado: “O equipo medrará moitísimo co paso das semanas”

Sito Cabado seguirá unha tempada máis á fronte do Clicfer CB Laracha, comandando o navío larachés na Nacional cun proxecto moi renovado. Do bloque do pasado curso permanecen Daniela e Sara, mentres se incorporan Sira, Victoria, Dafne, Antía, Suevia, Dissa Ramatou, Juda Quindanda, María García e Uxía. Unha remodelación para afrontar o novo reto con […]
O Baxi Ferrol estrea identidade europea cunha equipación bañada en dourado

O club ferrolán aproveitou a tarde deste luns para dar a coñecer no Parque Ferrol a primeira equipación coa que competirá como local na EuroCup Women, unha camisola que introduce o dourado como principal novidade e que, ao mesmo tempo, mantén a esencia da cidade. O acto contou coa presenza das xogadoras Sydney Shaw, Karolina […]
O Costa Ártabra pecha o seu cadro e chega reforzado ao inicio de liga tras impoñerse a un rival de Terceira FEB

O CB Costa Ártabra afronta a última semana de preparación coas mellores sensacións posibles. O club deu por pechado o cadro do senior masculino para a tempada 2026/27 e faino tras pechar a pretempada cunha convincente vitoria por 56-83 fronte ao Ulla Oil Rosalía, conxunto que competirá esta tempada en Terceira FEB. O proxecto dirixido […]
O Baxi Ferrol leva o Camiño Inglés na súa nova aventura europea

O conxunto ferrolán xa ten nova pel para a súa aventura continental tras presentar a segunda equipación que lucirá esta tempada nos seus partidos como visitante na EuroCup Women, un deseño que vai moito máis alá da estética e que pretende converter cada desprazamento nunha viaxe coa identidade de Ferrol e de Galicia como equipaxe. […]
O Ensino impide que o Baxi Ferrol revalide o título da Copa Galicia

O Baxi Ferrol non puido revalidar o título da Copa Galicia tras caer na final ante un Ensino que soubo reaccionar ao bo inicio do conxunto departamental e que, tras un terceiro cuarto decisivo, acabou facéndose coa vitoria por 91-79 no feudo de A Malata. O equipo de Lino afrontaba a final condicionado polas baixas. […]
O Baxi Ferrol métese na final e defenderá a coroa da Copa Galicia

O conxunto de Lino López xa está na gran final da Copa Galicia tras superar onte ao Celta Femxa Zorka por un axustado 57-59 no pavillón de A Malata e pelexará esta tarde, ás 19:00 horas, por revalidar o título conquistado a pasada campaña ante o Ensino, que eliminou ao Maristas por 62-79. As ferrolás […]
O Baxi Ferrol comeza a pretempada con festa e cen puntos

O Baxi Ferrol xa puxo a maquinaria en marcha e fíxoo cunha vitoria contundente ao impoñerse ao Maristas por 101-45 na 26ª edición do Torneo Cidade de Ferrol, nun encontro que serviu para presentar ante a afección un equipo con moitas caras novas, pero que conservou intacto o espírito competitivo que o caracteriza. A Malata […]
O CB Costa Ártabra inicia unha nova etapa con Pepo Fernández como presidente

O club ferrolán inicia unha nova etapa con Pepo Fernández como presidente, á fronte dun renovado equipo directivo que combinará novas incorporacións con persoas que xa viñan traballando na entidade. Empresario ferrolán e vencellado desde hai anos ao deporte e ao propio club, Fernández dá agora un paso adiante no seu compromiso co Costa Ártabra […]