Sandra Martínez debuta con triunfo no U18 EuroBasket tras a gran vitoria de España ante Eslovenia

A nova xogadora do Baxi Ferrol brillou con 6 puntos, 3 rebotes e 2 asistencias no cómodo triunfo de España ante Eslovenia por 80-31. A fichaxe do Baxi Ferrol, Sandra Martínez, iniciou da mellor maneira a súa participación co combinado español no U18 EuroBasket, que se está a disputar en Estocolmo (Suecia). O conxunto estatal […]
O Baloncesto Base Costa Ártabra confía a dirección do seu novo proxecto masculino a Ismael Fernández

O BBCA anuncia que Ismael «Izzy» Fernández será o novo adestrador do sénior masculino, iniciando unha nova etapa tras poñer fin a oito tempadas consecutivas defendendo a camiseta do primeiro equipo. Quen durante os últimos anos foi unha das pezas fundamentais do equipo afronta agora o reto de dirixir desde o banco ao sénior masculino, […]
A FEB comunicou a inscrición do Calvo Basket Xiria para a tempada 2026/27

A Escola Basket Xiria logo de presentar o pasado xoves 16 a documentación requerida pola Federación Española de Baloncesto: pago da inscrición e aval correspondente, volverá a competir en Tercera FEB por 12ª tempada nunha competición de ámbito estatal. A Federación Española de Baloncesto comunicou á Escola Basket Xiria, por medio da Secretaría Xeral, que […]
Samuel Penín volve á casa para dirixir o sénior feminino en Primeira División

O Club Baloncesto Base Costa Ártabra anuncia a incorporación de Samuel Penín como novo adestrador do equipo sénior feminino, que a vindeira tempada competirá en Primeira División. Despois de cinco anos afastado dos bancos, Sam regresa ao baloncesto e a un club que coñece perfectamente. O técnico conta con experiencia nas categorías de formación e […]
Hoops 3×3 volve este verán coa segunda edición do 3×3 Hoops Eume

O torneo celebrarase en Pontedeume os días 17, 18 e 19 de xullo e reunirá categorías desde formación ata sénior dentro do Circuíto Galego de 3×3. Hoops 3×3 volve á carga este verán coa segunda edición do 3×3 Hoops Eume, unha cita que se celebrará os días 17, 18 e 19 de xullo en Pontedeume […]
O Baxi Ferrol volverá competir na EuroCup Women tras ocupar a vacante do Leganés

O conxunto ferrolán volverá estar presente na EuroCup Women por terceira tempada consecutiva despois de ocupar a praza que deixou libre o Leganés, que finalmente renunciou a participar no torneo. O anuncio oficial realizouse este sábado nunha comparecencia na que o presidente do club, Santi Rey, explicou o intenso traballo desenvolvido nas últimas semanas para […]
O alcalde da Laracha recibe ao senior masculino do CB Laracha tras proclamarse campións da Copa Premium

O alcalde, José Manuel López Varela, recibiu oficialmente na Casa da Cultura ao equipo sénior masculino do Club Baloncesto Laracha para poñer en valor a destacada temporada realizada que concluíu coa conquista da Copa Premium da Terceira División. Ao acto tamén asistiu a concelleira de Deportes, Patricia Bello, e, en representación do club, a presidenta, […]
Marta Porto: “Somos unha familia que se apoia sempre”

Marta Porto Cuartero (Ferrol, 2002) é unha escolta criada no BBCA, club no que desenvolveu case toda a súa traxectoria, agás unha campaña nas categorías inferiores do Uni. Traballadora incansable, rápida e solidaria, destaca polo seu compromiso co equipo e polo apoio ás compañeiras. Leva o baloncesto nas veas, como a súa familia, pois as […]
Maggie Doogan, talento e liderado para o novo Baxi Ferrol

A interior estadounidense chega a Ferrol despois de bater récords históricos nos Richmond Spiders e consolidarse como unha das grandes referentes da Conferencia Atlantic 10. O Baxi Ferrol continúa dando forma a un proxecto ilusionante para a vindeira tempada coa incorporación da interior estadounidense Maggie Doogan, unha das xogadoras máis dominantes do baloncesto universitario norteamericano […]
O Baxi Ferrol reforza o plantel coa chegada da croata Iva Belošević

A xogadora, procedente do SBS Ostrava e con experiencia en Texas, convértese no terceiro fichaxe do conxunto ferrolán tras Kateřina Galičková e Esther Castedo, nun plantel que xa conta coa renovación de Karolina Šotolová. O Baxi Ferrol continúa dando pasos firmes na construción do seu proxecto para a vindeira tempada e confirmou o seu terceiro […]