Daniel Remuiñán remata quinto no Rallye San Froilán

Daniel Remuiñán e Álvaro Cerqueiras completaron unha sólida actuación no Rallye San Froilán, rematando na quinta posición da clasificación xeral. A parella formada polo piloto de A Laracha, Daniel Remuiñán, e o seu copiloto, Álvaro Cerqueiras, completou con éxito unha nova proba do Campionato Galego de Ralis ao volante do Skoda Fabia R5 Evo. Ao […]
Daniel Remuiñán sairá loitar polo podio no Rallye San Froilán

O piloto larachés disputará a penúltima cita do galego co Skoda Fabia R5 Evo coa intención de situarse entre os mellores. Daniel Remuiñán e Álvaro Cerqueiras estarán presentes esta fin de semana no emblemático Rallye San Froilán, penúltima proba do Campionato Galego de Ralis. A parella porase aos mandos do Skoda Fabia R5 Evo coa […]
Daniel Remuiñán asina un valioso podio en Cuntis

O piloto da Laracha completou unha gran remontada aos mandos do Skoda Fabia R5 Evo para subir ao terceiro caixón. Daniel Remuiñán e Álvaro Cerqueiras pecharon a súa participación no Rallymix de Cuntis cun meritorio terceiro posto absoluto. A pesar de que a proba comezou costa arriba para o piloto da Laracha, o ritmo amosado […]
Daniel Remuiñán sairá a por todas no Rallymix de Cuntis

O piloto da Laracha busca manter o gran ritmo mostrado esta tempada aos mandos do Skoda Fabia R5 Evo. Daniel Remuiñán, xunto a Álvaro Cerqueiras, afronta esta fin de semana unha nova cita no seu calendario deportivo coa disputa do Rallymix de Cuntis. O piloto da Laracha volverá poñerse ao volante do Skoda Fabia R5 […]
O circuíto municipal prepárase para unha nova xornada de motor co 23º Autocross Carballo, puntuable para o campionato galego

O Circuíto Municipal de Carballo volverá converterse este sábado 12 de setembro nun dos grandes puntos de encontro do automobilismo galego coa celebración do 23º Autocross de Carballo, proba puntuable para o Campionato de Galicia de Autocross 2026. O mércores presentouse a competición coa participación do alcalde, Daniel Pérez; o concelleiro de Deportes, Daniel Barreiro; […]
Daniel Remuiñán apunta á zona alta no Rallye Terra de Galicia

O piloto da Laracha sae a medirse cos mellores do Campionato de España de Ralis de Terra tras a súa vitoria en Portas. Daniel Remuiñán e Álvaro Cerqueiras disputan esta fin de semana o Rallye Terra de Galicia, unha cita especialmente emotiva para o equipo ao celebrarse na contorna de Carballo, en pleno territorio de […]
Daniel Remuiñán brilla en Portas cunha vitoria na Clase B e podio absoluto

O piloto da Laracha logra o triunfo entre os carrozados e remata terceiro na xeral co Skoda Fabia R5 Evo, asinando un test perfecto antes do Rallye Terra de Galicia Daniel Remuiñán e Álvaro Cerqueiras completaron unha fin de semana sobresaliente no Rallymix de Portas. No seu reencontro co Skoda Fabia R5 Evo tras os […]
O alcalde do concello larachés participa na Xunta Local de Seguridade para coordinar o dispositivo de cara ao Rally Terra de Galicia

O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro Pablo Cambón participaron esta mañá de xeito telemático na Xunta Local de Seguridade convocada para coordinar o dispositivo con motivo da celebración do Rally Terra de Galicia, que terá lugar os días 3, 4 e 5 de setembro. A sesión estivo presidida polo subdelegado do Goberno, […]
O Campionato de España de Autocross bate en Carballo todos os récords de participación cun total de 126 pilotos

O salón de plenos do Concello de Carballo acolleu hoxe a presentación oficial do 18º Autocross Carballo – Campionato de España de Autocross (CEAX), unha edición de récord absoluto, tanto a nivel autonómico coma estatal, con 126 pilotos participantes. A proba, que se disputará os días 10, 11 e 12 de xullo no Circuíto Municipal […]
Os contratempos frean a Daniel Remuiñán en Pontevedra

Un pinchazo pola mañá e un posterior problema mecánico impiden ao piloto da Laracha aproveitar todo o potencial do seu Skoda Fabia R5 Evo. Daniel Remuiñán e Álvaro Cerqueiras completaron unha dura e complicada edición do Rallye de Pontevedra, na que a fortuna volveu dar as costas ao equipo coruñés. Tras chegar coa máxima motivación […]