Primeira carreira en Asia para Édgar Vigo e Fátima Ameneiro

Tras o parón estival, os feneses competirán no ESOK Rallye turco, 9ª proba puntuable do FIA European Rally Trophy Championship. Tras 22 anos ininterrompidos en competición, Édgar Vigo e Fátima Ameneiro competirán en Asia por primeira vez. Entre o 12 e o 14 de setembro, celébrase no lado asiático de Turquía, concretamente na cidade universitaria […]
A terceira proba do Campionato de España de Autocross reúne esta fin de semana en Carballo a 120 pilotos/as

Carballo acolle esta fin de semana a terceira proba do Campionato de España de Autocross, que bate o récord de participación da temporada con 120 pilotos/as inscritos/as nas seis categorías en liza. Onte presentouse a competición nun acto no que participaron o alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deportes, Daniel Pérez, ademais de Luis […]
Remuiñán – Cerqueiras, líderes da GR Yaris Cup Spain

A parella galega foi segunda no Rallye Rías Baixas e faise co liderado ao ecuador do trofeo monomarca nacional. Daniel Remuiñán mantivo esta fin de semana o seu impecable refacho de podios en todas as citas celebradas ata o momento do trofeo monomarca de Toyota, a GR Yaris Cup Spain, grazas á súa segunda posición […]
Kobas: “Estamos a centrarnos no Campionato de Rallymix”

O piloto carballés, Javier Ramilo Queijo, coñecido como Kobas, obtivo a vitoria na 20ª edición do Autocross de Carballo na modalidade de Carcross, aínda que o obxectivo é o Campionato de Rallymix, onde lidera a clasificación tras disputar as probas en Serra de Argallo, Touro e Sidra da Estrada. Precisamente, neste último escenario, que celebraba […]
II Trofeo La Base Motor Club

O Trofeo «La Base Motor Club» é sen dúbida, un dos eventos máis singulares do calendario nacional xa que se trata do único trofeo organizado por un construtor e que se desenvolve integramente dentro das súas instalacións e nos seus propios circuítos. Como non podía ser doutra maneira, para esta segunda edición, redobráronse as apostas […]
O xoves abre a inscrición para participar en «Xogade coas motos»

Este venres ás 11:00 horas abrirá a inscrición para que rapaces laracheses de entre 6 e 15 anos de idade se anoten para participar en Xogade coas motos o día 26 deste mes de abril e iniciarse, así, na práctica do motociclismo probando unha moto de velocidade. O evento, que regresa á Laracha tralo rotundo […]
Daniel Remuiñán dá o salto á GR Yaris Cup Spain da man de Breogán Motor

A parella formada polo larachés Daniel Remuiñán e Álvaro Cerqueiras competirá a bordo dun Toyota GR Yaris RZ. Daniel Remuiñán e Álvaro Cerqueiras descubriron nas instalacións de Toyota Breogán Motor Perillo a decoración do Toyota GR Yaris RZ co que competirán esta tempada no trofeo promocional da marca xaponesa. A dupla Remuiñán-Cerqueiras formará equipo esta […]
Édgar Vigo e Fátima Ameneiro poñen rumbo a Eslovenia

Serán os únicos españois nunha competición con 12 nacionalidades e na que destaca o mundialista Mads Ostberg. Os pilotos da Escudería Scratch Fene, Édgar Vigo e Fátima Ameneiro, líderes actuais do FIA European Rally Trophy, competirán esta fin de semana no Rally Mahle Nova Gorica de Eslovenia, 6ª proba do seu calendario continental. Para esta […]
O naronés Jorge Cagiao e o seu copiloto Javier Martínez venceron no 36º Rallye Cidade de Narón e son aínda máis líderes da CERA – Recalvi

Golpe sobre a mesa do piloto naronés Jorge Cagiao e o seu copiloto Javier Martínez a bordo do Alpine A110 R-GT tras proclamarse por segundo ano consecutivo campións da 36ª edición do Rallye Cidade de Narón e que lles valeu para consolidarse como líderes en solitario da clasificación da CERA (Copa de España de Rallyes […]
A Laracha acollerá o sábado 29 de xuño a segunda edición do “Slalom Concello da Laracha”

Trátase dunha disciplina na que prima a habilidade dos pilotos sobre a velocidade. O vindeiro sábado o Concello da Laracha acollerá por segunda vez unha proba puntuable para o Campionato de Galicia de Slálom. O presidente da escudería organizadora, Arteixo Motorsport, xunto con varios dos seus colaboradores, acompañados do alcalde, José Manuel López Varela, e […]