A alcaldesa recibiu no Concello ao atleta Pablo Vázquez, campión de Europa sub-18 da modalidade 2000m obstáculos

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, recibiu no Concello xunto co edil de Deportes, Ibán Santalla, ao atleta Pablo Vázquez Maiztegui, do club Atletismo Narón e que dende a pasada fin de semana é campión de Europa Sub-18 da especialidade 2000m obstáculos, obtendo o título na proba que se celebrou na localidade de Rieti (Italia). […]
A IX Carreira do Apóstolo reafirma a súa aposta pola inclusión e a accesibilidade

A novena edición da Carreira do Apóstolo e Andaina Solidaria de Vilaño, na Laracha, reafirma o seu compromiso cun deporte inclusivo e accesible como ferramenta para crear comunidade. A organización anima a todas as persoas da provincia da Coruña a achegarse a Vilaño o sábado 18 de xullo para desfrutar desta gran festa do deporte. […]
A IX Carreira do Apóstolo espera superar os 1.000 inscritos da pasada edición

A Carreira do Apóstolo celebrará o sábado 18 de xullo en Vilaño, A Laracha, a súa novena edición, mantendo a súa aposta por un evento de comunitario, solidario e aberto a todas as idades e condicións físicas. A Asociación Cultural Adro de Vilaño agarda superar este ano a cifra dos máis de 1.000 inscritos acadada […]
VI Cross de Obstáculos Terras do Vákner: unha batalla contra os obstáculos na vila dumbriesa

Dumbría volveu converterse no epicentro da aventura e da superación coa celebración da sexta edición do Cros de Obstáculos Terras do Vákner. Organizada polo Concello de Dumbría en colaboración co equipo ConcoBox, a proba reuniu numerosos deportistas dispostos a desafiar un percorrido cheo de dificultades, onde a resistencia, a forza e a determinación foron tan […]
XI Pedestre Concello de Muxía: Fran Pais e Tina Fernández impuxeron a súa lei na proba raíña

A terra muxiá converteuse unha vez máis no escenario dunha xornada inesquecible de deporte e superación coa celebración da XI Pedestre Concello de Muxía, sexta parada do circuíto Correndo pola Costa da Morte. Baixo un ceo cómplice e coa bravura do Atlántico como testemuña, centos de atletas desafiaron o percorrido nunha cita que xa forma […]
A Carreira do Apóstolo celebrará a súa IX edición o sábado 18 de xullo

A Carreira do Apóstolo, que se celebrará o sábado 18 de xullo en Vilaño (A Laracha), segue apostando por un evento de corte comunitario e solidario cunha xornada aberta a todas as idades e condicións físicas e as doazóns á Asociación Española Contra o Cancro e Cáritas. A Asociación Adro de Vilaño presentou no Día […]
V Carreira Solidaria pola Seguridade Viaria: o evento reúne centos de atletas polas rúas ferrolás

A quinta edición da Carreira Solidaria pola Seguridade Viaria reuniu o pasado domingo a máis de 400 participantes nunha mañá ferrolá soleada. A proba, organizada polo Concello de Ferrol co control técnico da Delegación en Ferrol da Federación Galega de Atletismo, desenvolveuse por un circuíto urbano que partiu da Praza de Armas e percorreu puntos […]
O sábado 13 de xuño volve o VI Cros de obstáculos Terras do Vákner – Concello de Dumbría

O Concello de Dumbría en colaboración co equipo local ConcoBox organizan esta proba deportiva popular que reúne cada ano a máis participantes. Coma nas edicións anteriores, os participantes deberán elixir unha entre as tres opcións ofertadas: Categorías base: 1,5 km. Para a rapazada nacida entre os anos 2010 e 2016 Percorrido curto: 3,75 km Percorrido […]
O Concello da Laracha presenta Run&Fun, unha gran carreira urbana de obstáculos para todos os públicos

O concello larachés presentou a primeira edición da RUN&FUN, unha novidosa proposta deportiva e de lecer que chegará á Laracha o domingo 14 de xuño coa intención de converterse nun dos eventos máis orixinais e participativos do calendario municipal. O acto contou coa participación do alcalde, José Manuel López Varela, da concelleira de Deportes, Patricia […]
Carballo presenta unha nova edición da súa 10K: a gran festa do deporte, a saúde e a inclusión

O Concello de Carballo acolleu a presentación oficial da nova edición da carreira 10K Carballo, un evento que transcende o deportivo para converterse nun símbolo da unión entre saúde, comunidade e celebración. A proba, plenamente consolidada no calendario galego, busca superar os 2.000 participantes e volverá contar cun circuíto homologado e espazos para a diversidade […]