A proba de ultrafondo 21 Leguas de Narón activa inscricións este xoves 30 de abril

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente do club deportivo Narón 101, Óscar Somorrostro, presentaron no Concello a quinta edición das 21 Leguas. Os 101 quilómetros de Narón”, unha das probas de ultrafondo de referencia no noroeste peninsular, que abre o prazo de inscrición este xoves 30 […]

Carballo vibrou co atletismo escolar

Ata uns 980 nenos e nenas de 11 centros de ensino participaron no Cros Escolar de Carballo celebrado na zona verde do Polígono Industrial de Bértoa. O deporte carballés viviu o pasado xoves unha das súas grandes citas do ano coa celebración do Cros Escolar, unha proba que reuniu preto dun milleiro de escolares nunha […]

A IX Carreira do Apóstolo xa ten data confirmada: 18 de xullo de 2026

A Asociación Cultural Adro de Vilaño anuncia oficialmente esta nova edición dunha das citas deportivas e sociais máis relevantes do verán no rural larachés, consolidada como un evento aberto, saudable e solidario. Unha proba incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo desde hai máis dun mes, que volve combinar a carreira popular coa […]

Volve “Nada e corre”, unha competición da AD Fogar que leva seis edicións promovendo os deportes da natación e o atletismo na infancia

O presidente da AD Fogar, Gustavo Álvarez Nogueira; o concelleiro de Deportes, Daniel Barreiro, e o alcalde, Daniel Pérez, presentaron unha nova edición de Nada e corre, un particular formato de duatlón impulsado pola asociación deportiva carballesa que leva seis edicións promovendo os deportes da natación e o atletismo entre a rapazada. A sétima edición celebrarase […]

A VIII Carreira do Apóstolo aposta pola inclusión e a accesibilidade no deporte

A oitava edición da Carreira do Apóstolo e Andaina Solidaria de Vilaño, A Laracha, reafirma o seu compromiso cun deporte inclusivo e accesible como ferramenta para crear comunidade. A organización anima a todas as persoas da provincia da Coruña a acercarse a Vilaño o sábado da semana que ven para desfrutar desta gran festa do […]

Outes celebra o gran éxito da Carreira Pedestre e a II Mini-Olimpíada

Este pasado sábado, 17 de maio de 2025, Outes converteuse nun referente do atletismo popular coa celebración da XVI Carreira Pedestre organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Outes. A cita reuniu a centos de participantes que puideron escoller entre tres percorridos adaptados a diferentes niveis: 10K, 3K e 1K. Paralelamente ás carreiras de […]