Christian Gabín: “Estar no primeiro equipo é algo bonito”

Un dos xogadores revelación da tempada é o polivalente Christian Gabín Vilas (Carballo, 2008), xuvenil do Oza en dinámica co primeiro equipo e que se formou na base do Bergantiños.

Un mediocentro, que nalgunha ocasión exerceu como lateral dereito e que non só achega ao equipo xuventude, senón tamén outros valores como a calidade, velocidade, técnica e intensidade.

Que tal a experiencia de estar no primeiro equipo?
A verdade é que estar no primeiro equipo é algo bonito, e agora máis loitando polo ascenso. Tamén hai un bo grupo e gustaríame darlle as grazas ao adestrador e á directiva por tratarme tan ben ao longo de toda a tempada, e isto facilítame moito as cousas. Si que hai bastante diferencia de xogar cos xuvenís ao senior, xa que che esixe máis intensidade e concentración. Tamén sinto importante no primeiro equipo grazas á axuda dos compañeiros e iso faime gozar xogando con eles.

Que consellos danche os veteranos?
Os máis veteranos corríxenme no campo e anímanme moito para mellorar, e iso dáme máis confianza.

Como foi o teu debut?
O meu debut na liga foi contra o Volantes na primeira xornada e foi un día no que tivemos que ir moitos xuvenís debido ás numerosas baixas do senior. Ese partido non nos saíu moi ben debido as baixas. Ao principio sentinme algo incómodo, xa que era a primeira vez que xogaba de mediocentro, pero a medida que foi pasando o partido, fun atopando máis cómodo e a partir diso, xoguei a maioría das veces de mediocentro, que é unha posición na que me gusta xogar e que penso que se me dá bastante ben. Ademais, nese partido os compañeiros tamén me axudaron, xa que me pasaban moito o balón e iso servíame para coller confianza.

Foto: fotoschimpi

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas