María Brea: “Quedo coa familiaridade do club e co ambiente que hai no equipo”

A liga feminina de fútbol sala da Preferente Futgal presentou esta tempada un nivel moi elevado, con varios equipos que tiñan entre as súas filas a xogadoras que estiveron en categorías superiores, pero a pesar diso, o Fisober competiu con garra ata o final, logrando un meritorio sexto posto.

Nesta ocasión tivemos o pracer de falar con María Brea Chao (A Estrada, 1999), unha das caras novas que presentou o equipo de Fran Toba esta tempada, con pasado no Estrada e o Meigas e que este ano sumou seis tantos.

Como viches esta tempada?
Creo que este ano hai un nivel bastante alto, hai varios equipos con moi boas xogadoras, con experiencia en categorías superiores e iso nótase na clasificación. Pero tamén está moi ben que haxa este nivel, porque xera máis esixencia e máis competitividade.

A nivel individual, que sensacións tiveches nesta campaña?
Sentinme cómoda xogando, ao ser o meu primeiro ano aquí sempre custa un pouco adaptarse á forma de xogo, pero gocei da tempada.

Con que momentos da presente campaña quedarías?
A nivel deportivo mencionaría varios partidos que competimos moi ben como o do Leis en casa, por exemplo, pero quedo coa familiaridade do club e co ambiente que hai no equipo.

Que xogadoras, rival e compañeiras, sorprendéronche máis polo seu nivel?
Como compañeiras menciono a Patri, que a pesar de que xa xogara contra ela, tela no teu equipo é un espectáculo, igual que Barca ou Paula. Respecto ás rivais, mencionaría a algunha das xogadoras do Cortegada, que están un pasiño por encima, Sara Santos, a pichichi da categoría, ou algunha outra do Arnoia ou do Leis que tamén destacan e fan que os seus equipos estean na parte alta da clasificación.

Foto: Foto Fuentes

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas