Fútbol feminino: emoción na Segunda e Terceira Galega

A medida que avanzan as xornadas nas competicións de Segunda e Terceira Galega, os 18 equipos femininos das nosas comarcas de Bergantiños, Fisterra, Soneira, Muros e Xallas seguen demostrando a súa calidade e entrega no campo.

Nestas últimas catro xornadas, vivíronse enfrontamentos emocionantes, onde a competitividade foi a protagonista, con varios equipos consolidándose na táboa e outros loitando por mellorar as súas posicións.

SEGUNDA GALEGA

En Segunda Galega Grupo 1, os tres equipos costeiros amosaron un nivel competitivo, con partidos onde a intensidade e a estratexia marcaron a diferenza. O Xallas FC , con 2 vitorias, 1 empate e 1 derrota, consolídase na parte alta da clasificación(5º)  No seu último enfrontamento, as de Eloy García non lograron puntuar en A Grela 1 ante o Silva SD (3-1).

Pola súa parte, o UC Cee experimentou altibaixos nestas últimas xornadas, con 2 triunfos e 2 derrotas. Con todo, o equipo dirixido por Rafa Suárez amosou unha gran melloría no seu xogo colectivo, especialmente na súa recente vitoria a domicilio ante o Sporting Meicende (1-3) e sitúase 6º. 

O CF Dumbría, que estrea categoría esta tempada, foi de menos a máis nas últimas e únicas 4 xornadas disputadas: 2 derrotas, 1 empate e, na última, unha vitoria con goleada ante o Orzán «B» con “hat-trick” de Eva Lema (5-2). As dumbriesas de Santi Lira sitúanse en metade da táboa, (9º).

XORNADA 9

SILVA SD vs ORILLAMAR SD
PM FRIOL B vs CF DUMBRÍA
ORZÁN SD B vs SD TORDOIA
CULTURAL MANIÑOS vs UDJ ALMEIRAS
BREXO LEMA SD vs CD LUGO SAD B
UD CARRAL vs SPORTING MEICENDE
UC CEE vs SCD PASTORIZA
XALLAS FC vs SPORTING BURGO

TERCEIRA GALEGA

En Terceira Galega Grupo 2, o pleno de vitorias dos tres primeiros clasificados foi noticia da bisbarra nestas catro xornadas. O CF Corme, EFCC Juan Cabrejo e Mazaricos CF seguen cun desempeño sobresaínte, conseguindo 4 vitorias en 4 xornadas consecutivas, o que os posiciona nos tres primeiros postos da táboa.

Baixando á 4ª posición, o Puenteceso é o equipo máis goleador deste grupo, con 19 tantos, e só perdeu un partido: o derbi ante o Corme (1-0). CF Muxía, Bergantiños B, SD Cabana, SD Corcubión e SD Soneira sitúanse na parte media da táboa, mentres que SD Fisterra e Sporting Zas, con 3 puntos, xunto ao UD Cerqueda, que aínda non puntuou, ocupan as últimas posicións.

XORNADA 5

MAZARICOS CF vs SPORTING ZAS
SD A BAÑA vs CORME CF
BERGANTIÑOS CF B vs SONEIRA SD
SD FISTERRA vs UD CORCUBIÓN
PUENTECESO SD vs UD CERQUEDA
SCD PASTORIZA B vs EFCC JUAN CABREJO
CABANA SD vs MUXÍA CF

En Terceira Galega Sur Grupo 4, a SD Esteirana de Fran Figueiroa, equipo de recente creación, lidera a clasificación cun sobresaliente comezo e con pleno de vitorias (4/4). O outro equipo muradán nesta categoría, E.D Os Miúdos, mantense na metade da táboa con 2 vitorias e 2 derrotas. O Outes FC ocupa a penúltima posición e aínda non puntuou.

XORNADA 5

CATOIRA SD vs CELTIGA FC FEMINAS
CD MOSTEIRO vs EFF SONNOIA PORTUS APOSTOLI
BASTAVALES UD vs JUVENTUD CAMBADOS
MILLADOIRO SD vs OUTES FC
CCD TARAGOÑA vs EFM CONCELLO DE BOIRO B
ESTEIRANA SD vs CD ROIS
SD CHISPA vs ED OS MIÚDOS

MELLORES DEFENSAS

Segunda Galega: Xallas FC, con só 8 goles recibidos en 8 partidos.
Terceira Galega: CF Corme e EFCC Juan Cabrejo, que recibiron só 1 gol nos últimos 4 partidos.

MÁXIMAS GOLEADORAS

Segunda Galega: Paula Veiga (UC Cee) con 11 goles.
Terceira Galega Grupo 2: Julia Varela (Bergantiños FC) e Graciela Arcos (Mazaricos CF), ambas con 6 tantos.
Terceira Galega Grupo 4: Rut Castro (SD Esteirana) con 10 goles.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucía Rivas: de verde a laranxa

Lucía Rivas finalizou a súa etapa no conxunto verde do Valdetires para enfundarse o laranxa dun Viaxes Amarelle no que compartirá vestiario con coñecidas como

Álex Permuy: cumprindo un soño

Falar de Smash Padel 4 é falar do seu fundador Álex Permuy e unha vida plenamente dedicada ao deporte, coñecido polo seu pasado futboleiro (Numancia