Gorka Oliveira: “O ambiente do equipo é sempre bo”

Un dos magos do Escola Lubiáns é Gorka Oliveira Hevia (Oviedo, 2003), que esta tempada cumpre a súa terceira campaña consecutiva coa elástica do club carballés.

É un xogador habilidoso, traballador e que se gañou o agarimo do club e da afección, contando ademais cunha boa traxectoria en equipos como o Oviedo Roller ou o Liceo.

Que destacarías máis destas tempadas no Lubiáns?
O que máis destaco destas tempadas é que o ambiente do equipo é sempre bo, levamos todos con todos e aínda que veña xente nova non afecta, porque a relación do club e os xogadores é próxima e sempre che tentan axudar como poden.

Que obxectivo se perseguirá este ano?
Vendo a dinámica que estamos a seguir, incluso un ano anterior ao que eu vin, que conseguiron ascender, o obxectivo considero que é ascender. O club se esfuerza en darnos facilidades para tentar estar aí arriba, cun preparador físico ou mesmamente buscando adestradores con experiencia no hóckey.

Que opinas da afección carballesa?
A verdade é que en casa nunca fallan, poucas veces vin, por non dicir ningunha, que a bancada estea medio baleira. Mesmo cando temos amigables veñen apoiarnos. Fóra de casa, tamén se moven, é máis, falando con Álvaro Trigo e Álex, o ano pasado dixéronme que o partido contra a Compañía de María na Coruña foi o partido que máis xente houbo na bancada e era porque se desprazaron desde Carballo á Coruña. E esta fin de semana pasada, no amigable contra Dominicos na Coruña, máis do mesmo. Un luxo de afección.

Foto: Fotoschimpi

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas