Iván Amor: “Sempre soñei cun gol así”

Un dos xogadores claves do Paiosaco é o dianteiro Iván Amor Torres Louzao (Carballo, 1990), que acumula xa dez tempadas no equipo e conta na súa traxectoria co Bergantiños e o Xallas, ademais de ser xogador de fútbol praia no Córdoba e o Amarelle Academy. Nesta tempada logrou un fermoso gol que pasará a hemeroteca tras rematar acrobáticamente o balón na vitoria ante o Sofán.

Como te atopas tras a operación do cóbado?
Atópome moi ben, dado como foi todo, moi contento. A operación saíu xenial e parece que a recuperación vai ir ben, así que moi contento.

Como describirías esta tempada?
Non foi unha tempada fácil, a primeira volta non foi boa e por culpa diso non logramos alcanzar o playoff, pero a segunda si, e demostramos ser dos mellores da categoría.

Marcaches ante o Sofán o gol soñado por todo dianteiro, como viviches ese momento?
Foi unha sensación difícil de explicar, deuse todo, o campo, o derbi, o minuto no que se deu, foi o gol da vitoria, o campo a barrote, todo xente coñecida. Foi espectacular, sempre soñei cun gol así.

Agora que se achega o verán, como afrontas os campionatos de fútbol praia?
A liga comeza o 20 de xuño, primeira etapa en Málaga. Só espero poder recuperarme a tempo, moi complicado, pero non imposible. E logo, seguir adestrando coa Academia para aproveitar todo o que salga, que todo é grazas a eles.

Foto: Fotoschimpi

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas