O cabanés José Antonio Lema Soto (Vidual – Nantón – Cabana, 1978) chegou de Inglaterra de competir no campionato de Europa de tiro olímpico Fclass, no que ocupou o posto 18º, posición que valora de forma moi positiva.
“Ese posto cunha puntuación de 479.47, a tan só 11 puntos do primeiro. Foi unha dos mellores campionatos europeos que disputei pola puntuación obtida. Outros anos con esta mesma puntuación gañase”, comentou o deportista cabanés. O tirador dixo: “Foi unha competición moi dura polos cambios climáticos que hai ao longo de todo o día durante a competición. Choiva, moito vento e de súpeto moito sol. Forma parte do xogo e o saber interpretar eses cambios danche a clave de gañar ou perder”. Tamén quere deixar claro: “Tamén me gustaría mencionar que o equipo nacional de tiro olímpico que representamos a España non recibimos axuda económica de ninguén. Todo o pagamos dos nosos petos. Nin as federacións”.
José Antonio Lema conseguiu este ano 2021 en Parga (Guitiriz – Lugo) o título de campión galego de tiro olímpico Fclass 900/1000 yardas, que o logrou por terceiro ano consecutivo. Todos os certames tiveron lugar en Parga, debido a que é o único campo de tiro de máis de 1.000 metros en Galicia. José Antonio, que naceu en Vidual, pero está fincado en Pontevedra desde hai 22 anos e é militar de profesión, ten unha longa lista de éxitos, xa que no seu palmarés figuran sete cordóns de campión de España (2015, 2016, 2017, 2020 e 2021) e outro de Europa por equipos (2015). Ademais de ser o capitán do combinado nacional. No ano 2017 foi nomeado DAN no BOE, é dicir, deportista de alto nivel, así como recibiu no 2017 a distinción ao mérito deportivo da Xunta de Galicia. Tamén presume o campión cabanés de participar no campionato do mundo en USA, que tivo lugar no ano 2013. José Antonio leva 10 anos na alta competición e a arma que utiliza foi feita en Turín (Italia) por BCM Europearms (empresa italiana especializada na construción de fusís para tiro de longa distancia, tanto de estilo deportivo como militar, con sede preto de Pinerolo en Piamonte). José Antonio Lema competirá do 6 ao 12 de setembro en Inglaterra no campionato de Europa. E ademais loitará por estar presente no ano 2022 no campión do mundo, que terá lugar en Sudáfrica e acudirá, posiblemente no próximo mes de outubro deste ano, ao campionato de España de 900/1000 yardas, que terá lugar nas instalacións de Parga (Lugo).
MÁIS SOBRE O TIRO OLÍMPICO FCLASS
Que é o tiro olímpico fclass?
Consta realizar diferentes series de disparos a longas distancias. Por exemplo, no europeo dispárase a 800/900/1000 yardas (1000 yardas equivale a 940 metros).
Que armas que se utilizan?
Son armas custom, ou sexa que un armeiro especializado faias exclusivamente para cada tirador. Coas características que cada un indícalle.
A munición?
Realízaa cada competidor. Así que cada deportista consegue unha maior precisión, e un maior control de calidade.
Outras particularidades
A 1000 metros son capaces de meter 20 disparos nun prato sopeiro ou teñen que aprender a ler o vento, xa que é o seu máximo rival.
Como se mide a velocidade do vento?
Unhas bandeiras ao longo do campo indican a velocidade do vento e a dirección. E hai que saber interpretalas para poder meter as correccións oportunas no visor.