Manuel Mato Gómez (A Coruña, 2004), é un central de corazón carballés que afronta no Paiosaco a súa primeira tempada coa ambición de consolidarse e seguir medrando.
Formado nas canteiras do Bergan e o Dépor, a súa traxectoria inclúe ao Ural, Laracha, San Lorenzo e Dubra. Destaca polo seu dominio do xogo aéreo, a súa rapidez ao corte e unha intensidade constante en defensa que lle permite impoñerse nos duelos, sumando unha boa lectura táctica nas coberturas aos compañeiros e súa capacidade para achegar algún goliño en cada campaña.
Como está sendo a túa primeira tempada no Paiosaco?
A verdade que está sendo unha tempada boa a nivel persoal, ademais encontreime cun vestiario moi agradable e cercano, e iso tamén axuda a que despois no campo rendamos todos mellor.
Como te adaptaches aos teus compañeiros de zaga?
Adapteime con facilidade, xa que son compañeiros veteranos que levan moitos anos na categoría e intentan axudarche en todo o que poden a que te sintas máis cómodo e seguro no campo.
Que cres que cambiou respecto á primeira volta?
Melloramos bastante a nivel físico, somos moito máis efectivos de cara a porta e temos as ideas do míster moi interiorizadas, ademais xogamos con moita máis confianza grazas aos resultados que estamos tendo.
Foto: fotofuentes




