Lucía Díaz: “O feito de xogar en Nacional supón un desafío para min que afronto con moita ilusión”

O Club Baloncesto Laracha, que este ano milita na categoría nacional, ten entre as súas filas unha xogadora que é emblema do club, a capitá e talentosa Lucía Díaz Esmorís (A Laracha, 1994), capaz de adaptarse ao xogo de exterior como de interior e que desde os seis anos está ligada ao mundo do baloncesto desde as escolas deportivas da Laracha e vestindo a elástica desde o primeiro día que se fundou o club.

Que sentes ao ter a oportunidade de xogar en Nacional co club da túa vida?
Eu sempre xoguei ao baloncesto porque me gusta desfrutar deste deporte. Sen embargo, son unha persoa á que lle gusta competir. O feito de xogar en Nacional supón un desafío para min que afronto con moita ilusión e tamén como unha oportunidade de retarme a min mesma.

Cal foi a clave de que crecese tanto o CB Laracha?
A clave sempre foi o bo ambiente e a boa relación entre as xogadoras que foron pasando todos estes anos polo equipo, unido ao evidente: constancia e traballo. Se non désemos todo en cada adestramento, coma se fora un partido, non chegariamos ata aquí.

Como crees que vos adaptaredes a esta categoría?
É algo que non che podo dicir agora mesmo con certeza. Evidentemente é un cambio moi grande a nivel físico, pero o que che podo asegurar é que pese a ser as novatas da liga, procuraremos dar o mellor de nós en cada partido.

Como estades a preparar o voso debut ante o Básquet Coruña?
Sinceramente, polo momento, non hai ningún planteamento específico, xa que comezamos a pretemporada fai dúas semanas.

Foto: CB Laracha

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Álex Varela: “Reforzámonos ben”

Desde a ambición competitiva e o instinto goleador emerxe Alejandro Varela Maceiras (Miño, 1998), coñecido como Álex Varela. Mediapunta de formación e dianteiro por determinación,

Artai: “Somos unha piña”

O atacante Artai Miraz Casal (Ferrol, 1997) é vertixe e determinación ao servizo do Meirás, onde afronta a súa segunda tempada. Formouse no Racing desde