Con cinco importantes baixas presentábase o BBCA no seu debut ligueiro na Coruña ante o Kempape, ás xa sabidas de Brais e Álex Pita por lesións de longa duración sumábase unha nova, pola lesión de Pevi e as de Rivas e Mario por motivos laborais, polo que o equipo presentábase con cinco xogadores do primeiro equipo, catro do filial e tres juniors para completar a convocatoria.
O BBCA iniciaba o partido cun ritmo trepidante conseguindo as primeiras vantaxes, con rotacións continuas, pero a temperá segunda falta de Isma facía que este tivese que irse ao banco e deixar o temón do equipo, con todo, os seus compañeiros conseguen manter ao equipo no partido ata o descanso, deixando o marcador en 28-24 a favor do Kempape.
Tras o paso por vestiarios e realizados os pertinentes axustes tácticos, o BBCA sae con ansias renovadas, endosando un 12-21 no terceiro cuarto que canalizaba o partido. Un novo apertón á saída do último cuarto levaba ao BBCA aos seus mellores momentos cunha vantaxe de 16 puntos, que daba tranquilidade ao equipo. Só un último minuto e medio, onde xa coa garda baixa, o Kempape maquillaba o marcador ata o 62-70 final.
Xogaron e anotaron por BBCA: Isma (13), Unai (4), André (12), Fortes (5), Diatta (12) -cinco titular- Pelayo (12), Jorge (4), Nico, David Gómez, David González(8), Sande e Coira
- Foto: Carlos Cotovad




