Mario Rodríguez: “Nos veteranos hai moita calidade”

O centrocampista ofensivo, Mario Rodríguez Gómez (Laracha, 1993), cumpre a súa segunda tempada coa indumentaria do San Ramón tras unha dilatada traxectoria que lle levou por clubs como o Independente de Carballo, Xallas, San Lorenzo, Laracha e Coristanco.

Ten unha capacidade de gol innata e foi pichichi a pasada campaña, rexistrando nesta moi bos números para estar no Top 3 de artilleiros da liga, ademais de distribuír o xogo dos seus compañeiros coa súa visión de xogo, intensidade e bo remate.

Se nos baseamos en números, esta campaña e a pasada lograches os teus mellores rexistros persoais. Dirías que estás no teu “prime”?
A verdade é que non, a nivel de números non lembro telos parecidos desde alevín, pero agora non adestro, igual que o resto de compañeiros e rivais. Creo que o “prime” a partir dos 30 é máis para Benzema e Kroos (risas).

Que tal é defender a elástica do San Ramón xunto ao teu irmán Juni?
Incrible. A maioría dos que temos irmáns estaremos de acordo que non hai mellor experiencia que poder volver xogar con quen empezou a dar as primeiras patadas ao balón, no meu caso, con quen máis tempo compartín sen dúbida. Agora fáltame Rubén (porteiro do Coristanco) na portería, a ver se o convenzo dunha vez (risas). A nivel San Ramón, só podo estar agradecido, á parte de Juni teño amigos e veciños. Só darlle as grazas a Juan Marta por xuntarnos a todos e facer que o domingo sexa bonito.

Vaia competidores saíronche este ano polo pichichi: Iván Rojo e Braulio. Que opinas respecto diso?
Vaia dous, e aínda está o Suízo por aí. Non os vou a descubrir eu agora, levan 20 anos marcando cada partido. Nos veteranos, aínda que a xente non o crea, hai moita calidade e dá gusto enfrontarse a xogadores con ese nivel.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucho: “A clave é a confianza”

O centrocampista de corte defensivo do Galicia de Mugardos, Luis Dopico Martínez (Ferrol, 2003), coñecido como Lucho, formouse nas categorías inferiores do Racing e tras