Muíño: “Penso que temos un equipo moi completo”

A polivalente Andrea Rodríguez Muíño (Baio, 1996), coñecida futbolísticamente como Muíño, cumpre a súa terceira tempada no Puenteceso e conta cun bo currículum deportivo en equipos relevantes como son o Ural ou en fútbol sala o Fisober, entre outros.

Andrea Muíño xoga na posición de mediocentro por calidades como a súa habilidade técnica co balón, a súa visión de xogo, toque de primeiras, facendo de enlace entre a defensa e o ataque, e ademais, grazas ao seu olfacto goleador, esta tempada está compaxinando tamén coa demarcanción de dianteira.

Preguntamos a Muíño sobre o nivel desta tempada no competitivo grupo costeiro, declarando que “creo que hai unha boa rivalidade, sobre todo nos equipos que levamos uns aniños en auxe, xa que se están rifando o segundo e terceiro posto con poucos puntos entre eles. Sen desmerecer aos equipos formados este ano, que están a facer un gran traballo cunha melloría partido a partido”.

O Corme é o único equipo que supera en goles a favor ao Puenteceso, comentándonos Muíño que a clave da potencia goleadora do seu equipo é que “a pesar de que a primeira volta non foi a mellor, penso que temos un equipo moi completo, que cando ten o día sabemos meter os goles facilmente, só temos que crelo un pouquiño máis”.

En canto á edición copeira desta tempada, o Puenteceso viaxará ata As Redondas para enfrontarse ao Cabana nun partido que para Muíño será “complicado, pero penso que bonito, xa que é como un derbi. Son un equipo duro ao que teremos que saber facer fronte e sobre todo gozar”.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucho: “A clave é a confianza”

O centrocampista de corte defensivo do Galicia de Mugardos, Luis Dopico Martínez (Ferrol, 2003), coñecido como Lucho, formouse nas categorías inferiores do Racing e tras