Mario Tenreiro foi quinto no sector xuño do Campionato de España

Mario Tenreiro quedou a un paso das medallas e de clasificarse para o Campionato de España junior.

Mario, aínda de categoría cadete, realizou unha gran competición perdendo o primeiro combate co número un da clasificación nacional de Copas de España, o madrileño con licenza galega Pablo Adán. Na repesca impúxose a Ignacio Buch de «Castilla y León» e a Rodrigo Grella, outro madrileño con licenza galega. No combate pola medalla de bronce perdeu con Iker Coca (Castilla y León), quedando finalmente nun meritorio 5º posto.

Estivo acompañado do seu mestre e técnico da selección galega, Alberto Castro.

Fotos: AD Judo Ferrolterra

 

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas