Hugo López, bronce na Copa de España de Santiago

Hugo López conseguiu unha nova medalla, nesta ocasión en Santiago de Compostela, onde o pasado sábado disputouse a Copa de España “A” infantil de judo.

O club desprazouse con cinco judocas. Lucía Soto (-48kg), David Martínez (-50kg), Xoel Siso (-55kg) e Marcelo Eibe (+66kg), non pasaron a liga previa á loita pola medallas. Hugo López, pola súa banda, impúxose na súa liga ao judoca de “Castilla y León” Andy Denis, ao portugués Lourenço Paula e ao estremeño Ernesto Granado, os tres combates pola máxima puntuación “Ippon” na loita polas medallas.

En oitavos de final imponse tamén por Ippon ao portugués Afonso Vaz, en cuartos de final derrota ao asturiano Ian Martín, por Ippon, e en semifinais crúzase outra vez co Portugués Lourenço Paula e esta vez, nun duro combate, Hugo cede o pase á final, conseguindo unha meritoria medalla de bronce.

Os judocas estiveron acompañados polos técnicos do club, Alberto López “Pitu”, Alba de Bernardo, Mario Tenreiro e Alberto Castro, membro tamén da organización da Copa de España.

Fotos e info: AD Judo Ferrolterra 

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucía Rivas: de verde a laranxa

Lucía Rivas finalizou a súa etapa no conxunto verde do Valdetires para enfundarse o laranxa dun Viaxes Amarelle no que compartirá vestiario con coñecidas como

Álex Permuy: cumprindo un soño

Falar de Smash Padel 4 é falar do seu fundador Álex Permuy e unha vida plenamente dedicada ao deporte, coñecido polo seu pasado futboleiro (Numancia