Nico Rosa: “Os meus pais fixeron moito sacrificio para que poida xogar”

O á – pivote internacional arxentino, Nico Rosa (Buenos Aires, 1998), chegou ao O Parrulo este verán procedente do Noia Portus Apóstoli, comezando a súa carreira no América do Sud e xogando no Visit Calvià Hidrobal, onde foi campión da Segunda “B” e ascendeu, ou no Barracas Central, quedando campión da LNFA, ademais de ser xogador revelación. Co combinado arxentino foi campión dos Xogos Suramericanos e da CONMEBOL Liga Evolución.

Como estás a ver a tempada de O Parrulo?
Creo que estamos a facer unha boa tempada, somos un grupo con caras novas, tanto os xogadores como o corpo técnico, e cada día que pasa imos coñecendo máis.

Es o máximo goleador do equipo. Que sentes?
Estou contento por selo pero quero destacar que é grazas ao traballo en equipo cos meus compañeiros. Espero que poidamos seguir nesta dinámica.

Que che inspirou a ser xogador de fútbol sala?
Desde moi mozo xa o tiña decidido, xa que o meu pai sempre me levou a xogar ao fútbol en cancha pequena xunto aos seus amigos e logo continuei ese camiño no club do meu barrio co meu irmán.

Quen foi a túa maior referencia?
A miña familia. Os meus pais fixeron moito sacrificio para que poida xogar, levándome sempre a todos lados e acompañándome en cada paso. Doutra banda, tamén o meu irmán, quen é un gran profesional deste deporte.

Quen foi o rival máis difícil ao que te enfrontaches e por que?
Eu creo que o Barcelona foi o rival máis difícil que enfrontei debido ao que é o club para este deporte e que conta cos mellores xogadores do mundo.

Cal foi o teu mellor e peor momento vivido como xogador?
Sen dubidalo, o mellor momento como xogador foi cando saín campión coa Selección Arxentina nos Xogos Odesur 2022, foi unha alegría inmensa representar ao meu país. Doutra banda, un momento difícil foi cando pelexabamos o descenso en Noia e no meu club de barrio, América do Sud. Por sorte, en ambas as ocasións logramos salvarnos, pero lembro que foron momentos duros e de moita presión.

Que é o mellor de vivir en Ferrol?
Ferrol é unha cidade moi tranquila e acolledora, principalmente gústame moito a xente, xa que me recibiron cos brazos abertos e cun sorriso desde o principio. Tamén me gusta moito a súa gastronomía.

Ademais do fútbol sala. Que outras afeccións ten Nico Rosa?
Gústame todo o relacionado ao deporte, son fanático do fútbol e gústame moito tanto o tenis como o pádel.

TEST PERSOAL

Defínete en dúas palabras: Alegre e responsable.
Comida: Milanesa napolitana de tenreira con patacas fritas.
Película: Avengers Endgame.
Cor: Azul.
Canción: Amor de vago – La T y la M, Malandro.
Xogo: El truco.

SOBRE COMPAÑEIROS

O máis bromista: Rubén Orzáez.
O máis serio: Ningún é serio (risas), pero todos profesionais.
O que mellor viste: Iván Castro.
O máis esquecedizo: Novoa.
O que mellor baila: Rubén e eu.
O máis rápido: David Turbi.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucho: “A clave é a confianza”

O centrocampista de corte defensivo do Galicia de Mugardos, Luis Dopico Martínez (Ferrol, 2003), coñecido como Lucho, formouse nas categorías inferiores do Racing e tras