Noel Caramés: “Estes dous anos de modestos estou aprendendo e adaptándome á categoría”

Os resultados non fixeron xustiza ao bo persoal que reúne o Valdoviño esta tempada, que conta con xogadores de moita calidade como é o caso do dianteiro Noel Caramés Río (Ferrol, 2004), máximo artilleiro do seu equipo e que destaca pola súa mobilidade, boa definición ante os porteiros rivais, a garra e que achega moita mocidade, sendo a súa segunda tempada no conxunto valdoviñés tras formarse nas categorías inferiores do Racing.

Para Noel, a experiencia nestas dúas tempadas no equipo dirixido por José Carlos Teijeiro está a ser “bastante boa en xeral, estes dous anos de modestos aprendendo e adaptándome á categoría e aínda que este ano está a ser máis difícil, estou a gozar do bo grupo que temos e traballando para mellorar a situación”.

Como bo seareiro e en especial cazagoles, o ferrolán ten dous grandes referentes como son “Joselu, por todos os anos que pasou no Racing e por todo o que foi, e outro que sempre me gustou e fixábame nel é Luis Suárez”.

Os dianteiros sempre gardan na súa memoria algún gol que significou moito para eles, e no caso de Noel, os seus tantos máis especiais puideron ser “o meu último co Racing contra o Calasanz, por ser o 1-0 no último minuto, ou esta tempada contra o Perlío, o empate, por ver os meus amigos e os meus pais na bancada celebrándoo”.

Foto: Sadmoody241

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

O BBCA lidera a clasificación

A vitoria ante o Obradoiro por 67-48 deixou ao conxunto ferrolán como líder en solitario. Espectacular partido o disputado o sábado nun abarrotado Javier Gómez