Xeito: “Cumpriuse o obxectivo principal”

O Esteo, que logrou a permanencia na Segunda División B Fútbol sala, ten como un dos seus gardiáns baixo paus a Diego Vázquez Bouzas “Xeito” (Miño, 2003), sendo a súa terceira tempada vestindo a elástica do equipo pontés.

Armado con grandes reflexos, rápido no no man a man e bo xogo de pés que lle valeu para anotar un tanto nesta tempada na vitoria do seu equipo por 4-0 ante o Ribeira na 18ª xornada, o miñense criouse en Sada e actualmente reside en Betanzos. Formouse no Troula FS ata xuvenís, compaxinando con fútbol 11, tamén como porteiro, no Rayo Sadense e posteriormente no Victoria CF, ademais de formar parte do combinado galego nas categorías de benxamíns, alevíns, infantís e cadetes.

Para Xeito, a campaña do Esteo foi “bastante boa a nivel individual e a nivel colectivo moi contento tamén, quedo coa espiña de saber que deixamos algúns puntos que nos puideron facer loitar por algunha outra cousa este final de tempada, pero cumpriuse o obxectivo principal, que é o que se esixía, así que perfecto”.

Foto: Sadmoody241

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas