Esta pasada fin de semana celebrouse na Piscina Carballo Calero o Campionato Galego de Distancias Cortas Xuvenil, Junior e Absoluto, no que o Club SAL, ademais de proclamarse campión galego, fíxose con varios récords galegos e récords de España.
Nas probas individuais, os nosos deporstistas conseguiron subirse ó primeiro posto do pódium en 12 ocasións traendo otras tantas medallas de Ouro, así como 7 pratas e 9 bronces, tanto na categoría absoluta coma na xuvenil e junior, ademáis de facerse con varios dos récords galegos e récords de España:
Noelia Loureiro Serrano, absoluta feminina:
Récord España e Rércord Galego no 50 m socorrista.
Récord Galego no 100 m supersocorrista.
Sergio Campos Varela, absoluta masculino:
Récord de España e Récord Galego 50 m obstáculos.
Récord Galego 50 m combinada.
Lucía Añón Sánchez, xuvenil feminina:
Récord Galego na 50 m combinada.
Alvaro Hidalgo Peón, junior masculino:
Récord Galego no 100 m supersocorrista.
David Fraga Rodríguez, absoluto masculino:
Récord Galego no 100 m supersocorrista.
Nas probas de relevos subíronse ao pódium en 8 ocasións e tamén conseguiron facerse co récord de España e récord Galego na proba de Relevos Obstáculos e no Relevo combinado en categoría absoluta masculina, así coma o récord galego no Relevo Remolque manequín na mesma categoría.
O club acabou o Campionato con moi boas sensacións e pensando en seguir preparándose para o Campionato de España de Distancias Curtas Xuvenil, Junior e Absoluto que se celebrará na Piscina Parquesol de Valladolid os próximos 2 e 3 de marzo.
Fotos: Club Acuático Laracha