O Club Deportivo Miño Teixugos vence na Copa Galega de Promoción celebrada en Dumbría

O Club Deportivo Miño Teixugos impúxose na Copa Galega de Promoción de Slalom celebrada no Campo de Slalom de O Couquiño esta pasada fin de semana.

O club tomiñés foi acompañado no podium polo Club Penedo de Caldelas de Tui, segundo, e o Quixós de Monforte de Lemos, terceiro. O club local, o CDM Piragüismo Dumbría, foi cuarto a dez puntos de podium.

Por outro lado, as competicións que se ían celebrar os días 13 e 14 de setembro, os Campionatos de Galicia de Slalom, foron aprazados a decembro.

A vindeira competición do CDM Piragüismo Dumbría vai ser o Campionato Galego de Promoción de Slalom, que terá lugar en Mondariz a vindeira fin de semana do 21 de setembro.

Info e foto: CDM Piragüismo Dumbría

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Álex Varela: “Reforzámonos ben”

Desde a ambición competitiva e o instinto goleador emerxe Alejandro Varela Maceiras (Miño, 1998), coñecido como Álex Varela. Mediapunta de formación e dianteiro por determinación,

Artai: “Somos unha piña”

O atacante Artai Miraz Casal (Ferrol, 1997) é vertixe e determinación ao servizo do Meirás, onde afronta a súa segunda tempada. Formouse no Racing desde