Competicións de Slalom en Dumbría

A xeira de competicións para pechar a tempada autonómica de piragüismo se inicia este sábado 6 de setembro coa celebración no Campo de Slalom de O Couquiño da Copa Galega de Promoción de Slalom, proba na que compiten os máis pequenos do piragüismo galego.

Unha semana máis tarde, os días 13 e 14 de setembro, xa serán as categorías absolutas as que celebren as probas que poñen o peche de tempada para as categorías senior e xuvenil coa celebración dos Campionatos de Galicia das dúas modalidades olímpicas das augas bravas.

Se espera a presencia dos mellores clubes de toda Galicia, coma o Quixos de Monforte de Lemos, o Tea de Mondariz Balneario, os Teixugos de Tomiño ou Penedo de Tui.

A proba sae adiante grazas á colaboración imprescindible do Concello de Dumbría, que colabora en todo o relativo á organización do evento, da empresa Xeal, que aportará o caudal imprescindible da mesma, e dos veciños de Olveira que ceden as fincas para o perfecto desenrolo da organización.

Info e foto: CDM Piragüismo Dumbría

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Álex Varela: “Reforzámonos ben”

Desde a ambición competitiva e o instinto goleador emerxe Alejandro Varela Maceiras (Miño, 1998), coñecido como Álex Varela. Mediapunta de formación e dianteiro por determinación,

Artai: “Somos unha piña”

O atacante Artai Miraz Casal (Ferrol, 1997) é vertixe e determinación ao servizo do Meirás, onde afronta a súa segunda tempada. Formouse no Racing desde