A dumbriesa Carmen Llaría en K1 alevín e a mazaricana Yara Lado en K1 benxamín, campioas de Galicia.
Celebrouse en Mondariz en augas do río Tea o Campionato de Galicia de Pomoción de Slalom, reservado as categorías infantil, alevín, benxamín e pre-bexamín.
O CDM Piragüismo Dumbría deu a sorpresa gañando a competición por clubes. O equipo costeiro, que non conseguira ningún podium por clubes en toda a tempada, impuxose por 15 puntos ó favoríto, o CDM Teixugos de Goian, segundo clasificado, e ó club anfitrión, o Tea de Mondariz Balneario, que foi terceiro. “Contabamos con entrar no podium no Campionato polo moitísimo traballo que se fixo durante o verán, pero non contabamos con gañar, as rapazas e os rapaces estiveron todos espectaculares, sin excepción, facendo todos a súa mellor competición da tempada”, expresou orgulloso o entrenador da entidade Quique Portela.
O título se cimentou no espectacular desenrolo dos seus deportistas, sobre todo na categoría femenina, con dous campionatos galegos para a dumbriesa Carmen Llaria, en K1 alevín femenino, e para a mazaricana Yara Lado que se impuxo na categoría Benxamín femenina. Carmen Llaría foi ademáis subcampeona galega de C1 femenino.
O resto das preseas foron todas de bronce; Vega Cives, terceira no K1 alevín, Elena Ínsua no C1 alevín femenino, Clara Mancebo, terceira tamén no K1 infantil femenino, Juan Manuel Ferrer no K1 benxamín masculino, e Mateo Lado bronce no K1 pre-bexamín masculino.
Con esta proba se pon fin a tempada nas categorías inferiores do piragüismo galego, quedando pendente aínda o Campionato Xunta de Galicia de Slalom Absoluto, que se celebrará en Dumbría en data aínda por confirmar.
Info e fotos: CDM Piragüismo Dumbría






