O Club Quixos de Monforte de Lemos gaña na Copa Galega de Promoción en Dumbría

O CDM Piragüismo Dumbría acadou nove medallas, entre elas dous de ouro, na Copa Galega de Promoción celebrada en Dumbría.

Continúa a actividade no Campo de Slalom de o Couquiño en Dumbría, sendo agora o turno dos máis pequenos na Copa Galega de Promoción de Slalom. Ata 74 participantes de clubes de toda a comunidade viñeron dar o mellor deles mesmos nas augas do rio Xallas nunha tarde veraniega típica de agosto.

Na competición por clubes, o CDM Piragüismo Dumbría non foi quen esta vez de subir ó podio despois de telo feito nas anteriores competicións de Covas e Monforte, sendo esta
vez o Quixos de Monforte de Lemos quen levou a mellor, seguido de Clube Teixugos de Goian e do Clube Tea de Mondariz – Balneario.

Desquitouse o clube local no medallero, con nove preseas, dúas de ouro para Mateo Lado e Vega Cives, catro de plata para Elena Ínsua, Lucas Alves e Clara Mancebo por partida dobre, e bronces para Yara Lado, Carmen Llaría e Xurxo Lado.

A vindeira proba será o Campionato Galego, que terá lugar a últimos de setembro na vila pontevedresa de Mondariz.

Coma sempre, a proba saíu adiante grácias á colaboracion imprescindible do Concello de Dumbría, da empresa Xeal que aporta o caudal de auga imprescindible para o desenrolo da proba, e dos veciños de Olveira que ceden as fincas para facilitar a organización do evento.

Info de CDM Piragüismo Dumbría e fotos de Antonio Cortiñas

 

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas