O Club Virsal alcanza o terceiro posto no Campionato Galego de Salvamento e Socorrismo Máster

O pasado sábado 25 de xaneiro pola tarde tivo lugar na piscina municipal Antía García, en Caldas de Reis, o VIII Campionato Galego de Salvamento e Socorrismo, onde o club carballés Virsal desprazou a dez deportistas en total, seis masculinos e catro femininos.

O evento contou con oito probas diferentes, entre elas relevos, onde o equipo masculino subiu ao podio nun terceiro posto na clasificación xeral por xénero detrás do Vilagarcía e o Umia.

Nas demais probas, en todas subiron ao pódium: en 200 metros obstáculos Montserrat Dubra levou o segundo posto, 4×50 relevo natación con obstáculos; Montserrat Dubra, Silvia Quintáns, María Quintáns e Patricia Varela fixéronse cun terceiro posto; con lanzamento de corda o 3º posto foi para Pablo Rodríguez e Alejandro Blanco e o 1º para Manuel Amado e Alberto Sequeiro; en 100 metros remolque de manequín María Quintáns levou o 3º posto, igualmente que Alejandro Blanco en 50 remolque de manequín e Montserrat Dubra en 100 metros socorrista, nesta última proba Manuel Amado conseguía un 2º posto, e para finalizar, en 4×25 remolque de manequín Manuel Amado, Alejandro Blanco, Alberto Martínez e Pablo Rodríguez subiron ao podio cun terceiro posto.

Foi unha tarde moi intensa e emocionante onde todos os do Club Virsal baixaron os seus tempos e xa pensando para o Campionato de España que se celebrará en Valladolid o 15 e 16 de febreiro, e en nada o comezo das ligas de praia.

Info e fotos: Virsal

 

 

 

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucho: “A clave é a confianza”

O centrocampista de corte defensivo do Galicia de Mugardos, Luis Dopico Martínez (Ferrol, 2003), coñecido como Lucho, formouse nas categorías inferiores do Racing e tras