Uns 300 deportistas participarán este domingo na “VI Bandeira de Traiñeiras Cidade de Narón”

O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, presentou o xoves xunto con Bruno Vidal e José Manuel García, presidente e integrante da directiva, respectivamente, do Club de Remo Narón, a sexta edición da Bandeira de Traiñeiras Cidade de Narón, que se organiza por quinto ano consecutivo e que abrirá a Liga galega.

O edil naronés destacou o feito de que participen na convocatoria uns 300 deportistas chegados de once clubs galegos. Os integrantes do club local avanzaron que ademais, deles, participarán os clubs Samertolameu-Fandicosta; Tirán-Pereira; Urme; Cesantes-Rodavigo; Chapela-Wofco; Mecos; Mugardos-A Cabana; Ares; Cabo da Cruz e Castropol. Os remeiros percorrerán un tramo de tres millas náuticas, algo máis de 5.500 metros, en catro longos pola zona da Gándara paralela ás Pías.

A convocatoria dará comezo ás 12:00 horas e rematará sobre unha hora despois, tal e como indicaron dende a organización.

O edil de Deportes felicitou ao club de Remo Narón polo traballo realizado co find e celebrar este evento un ano máis na cidade e desexou moita sorte aos deportistas locais que participarán no mesmo.

Foto e información: Concello de Narón

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas