O Concello da Laracha renovou os proxectores das torres de iluminación do campo de fútbol A Porta Santa de Paiosaco

As novas lámpadas LED que están a ser instaladas mellorarán a visibilidade e reducirán o consumo eléctrico nun 30 %.

O concello larachés está a renovar os proxectores das torres de iluminación do campo de fútbol A Porta Santa de Paiosaco na procura do dobre obxectivo de mellorar sensiblemente a visibilidade na zona de xogo e beneficiar ao medio ambiente ao instalar un sistema máis eficiente enerxeticamente.

As catro torres contaban ata agora con 24 luminarias de halóxenos metálicos cunha potencia total de 48.000 vatios. A actuación que está en marcha consistirá na substitución deses proxectores por outros de tecnoloxía LED que ofrecerán unha solución máis eficiente, posibilitando mellorar a iluminación na zona de xogo cunha redución da potencia eléctrica ata os 16.000 vatios, isto é, a terceira parte da actual.

O orzamento supera os 57.000 euros que o Concello inviste integramente na mellora da calidade do servizo que se ofrece nas instalacións e, ao mesmo tempo, en favorecer o desenvolvemento sostible e a consecución dos obxectivos da transición ecolóxica. A intervención minorará o consumo eléctrico do campo de fútbol nun 30 % aproximadamente, o que tamén implicará un aforro no gasto do subministro para as arcas municipais.

Info e foto: Concello da Laracha

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Trofeos Bisbarra en xogo 2024/25

Unha tempada máis, Bisbarra en xogo xunto a varios dos nosos patrocinadores, anunciamos os trofeos que entregaremos ao final da presente campaña. EDICIÓN BERGANTIÑOS, ARTEIXO,