Os concellos portugueses de Famalicão e Braga recibiron a bandeira dos Xogos do Eixo Atlántico de «mans» do Concello de Maia, que organizou a última edición no 2022.
No acto simbólico, que se celebrou no Concello de Famalicão, o Concello de Carballo estivo representado polos técnicos da Concellaría de Deportes, Manuel Varela Bardanca e Fran Díaz del Valle.
Os XV Xogos do Eixo Atlántico desenvolveranse do 30 de xuño ao 5 de xullo, simultaneamente nos concellos de Famalicão e Braga, e contarán con miles de participantes dos concellos e entidades que integran o Eixo Atlántico, entre eles o de Carballo.