O PARRULO FERROL: Pon un autobús para a súa afección na Final da Copa Galicia

A entidade ferrolá quere contar co maior apoio dos seus afeccionados neste partido.

O Parrulo Ferrol pechará a súa tempada ao grande, disputando a Final da Copa Galicia ante Noia Portus Apóstoli este martes 17 de maio, festivo polo Día dás Letras Galegas, que se disputará a partir das 19:30 horas, no Pavillón de A Raña (Marín).

Neste partido decisivo polo máximo título autonómico, a entidade ferrolá ha decidido fretar un autobús para todos os afeccionados e afeccionadas que queiran gozar deste partido, como tamén da Final feminina entre Ourense Envialia e Poio Pescamar, que terá lugar a partir das 17:00 horas.

O prezo desta viaxe será de 25 euros e incluirá a entrada para poder presenciar ambas as Finais.

A saída terá lugar a partir das 14:45 horas, do Pavillón da Malata e o regreso producirase xusto á finalización da entrega de trofeos.

Todas as persoas que queiran anotarse poden facelo ata o sábado 14, inclusive, a administracion@oparrulofs.es ou no teléfono 687.230.727. Os 25 euros abonaranse antes da viaxe de ida, no Pavillón da Malata.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

O Parrulo vence e convence

Primeiros tres puntos para O Parrulo tras vencer no pavillón da Malata ao UD Ibiza por 6-2 na segunda xornada da Segunda División Futsal. Bonito

Manu Méndez, lenda do Balonmán Xiria

“Un xogador diferente e especial”. Así poderíase definir ao que agora pasa a ser unha lenda do Balonmán Xiria, Manuel Méndez Cabeza, “Manu” (Carballo, 1989),