O PARRULO FERROL: Pecha a súa tempada na Final da Copa Galicia

Os ferroláns buscan o máximo título autonómico no Día das Letras Galegas.

Este martes é festivo en Galicia con motivo do Día das Letras Galegas e esta foi a data elixida pola RFGF para realizar a Final da Copa Galicia, na que se verán as caras O Parrulo Ferrol e Noia Portus Apóstoli, nun partido que se disputará a partir das 19:30 horas, no Pavillón da Raña (Marín).

Os ferroláns chegan a este partido decisivo polo máximo título autonómico tras “completar unha semana de traballo totalmente dirixida á preparación da Final”, afirmaba o adestrador de O Parrulo Ferrol, Óscar Vigo. Saben que se verán as caras cun Noia Portus Apóstoli que chegará como favorito “sendo un rival de entidade, con xogadores con moito talento e unha dos mellores persoais da Segunda División”, logrando o título ligueiro e o ascenso á máxima categoría “con moita solvencia”.

Nesta tempada ambos os equipos xa se viron en varias ocasións, sempre con vitoria do Noia Portus Apóstoli e para esta Final os ferroláns teñen ao seu rival “moi analizado”, polo que o obxectivo de O Parrulo Ferrol será “alongar a dinámica positiva que estabamos a ter neste tramo final de liga, no que lle gañamos a equipos da parte alta da táboa”, incluído o BeSoccer CD UMA Antequera que este domingo proclamábase campión da Copa do Rey, polo que viaxarán a Marín con “mentalidade positiva, coa idea de ser campións da Copa Galicia, para conseguir un título máis para o club e para que a afección senta aínda máis orgullosa do equipo.”

O Parrulo Ferrol chega a esta Final tras empezar nesta Copa Galicia nos cuartos de final, na que se impoñían por 1-7 ao 5 Coruña e posteriormente nunha semifinal a dobre partido ao Carballiño FS (por 4-6 na ida e 9-0 na volta), mentres que o Noia Portus Apóstoli vencía en cuartos de final ao Sala Ourense por 1-11 e en semifinais víanse as caras a dobre partido co Peixes Rubén Burela, impoñéndose na quenda de penaltis tras vencer 5-3 no Pavillón Municipal de Noia e os da Mariña gañar por 3-1 o de volta no Pavillón de Vista Alegre.

Información e foto: O Parrulo Ferrol

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucía Rivas: de verde a laranxa

Lucía Rivas finalizou a súa etapa no conxunto verde do Valdetires para enfundarse o laranxa dun Viaxes Amarelle no que compartirá vestiario con coñecidas como

Álex Permuy: cumprindo un soño

Falar de Smash Padel 4 é falar do seu fundador Álex Permuy e unha vida plenamente dedicada ao deporte, coñecido polo seu pasado futboleiro (Numancia