Olalla Antelo: “Que mellor que defender o escudo da túa terra”

O nome propio do gol no Xallas é Olalla Antelo Atán (Santa Comba, 2006), dianteira que leva toda a vida defendendo as cores do conxunto xalleiro, onde se converteu na gran referencia ofensiva.

Artilleira incansable, os tantos levan o seu selo, destacando virtudes como o regate eléctrico, habilidade para zafarse de calquera defensa e un disparo preciso que aparece cando menos se espera. Con desparpaxo e talento, Olalla non só decide partidos, tamén ilusiona a toda unha afección.

Que ten o Xallas para que sempre quedases aquí?
Levo no Xallas dende os catro anos, así que para min, máis que un equipo, é a miña familia. Sempre me sentín moi cómoda aquí, tanto cando xogaba con rapaces como con rapazas. Tamén creo que nós somos a clara definición de equipo, o grupo que temos sei que non o vou conseguir noutro sitio que non sexa neste. Ademais, que mellor que defender o escudo da túa terra.

Como estades vivindo esta tempada en Primeira?
Costounos bastante acostumarnos á categoría, notamos moito o cambio a Primeira, pero agora xa nos vemos mellor no campo. Creo que a segunda volta vai ser moi distinta á primeira, sabemos que lle podemos competir a calquera equipo e que esteamos a volver a puntuar está demostrando a melloría.

Como se vive un gol importante diante da afección?
É unha sensación incrible, escoitar á afección animando ou gritando meu nome é algo que me da moita ilusión e me fai recordar o tanto que desfruto xogando.

Foto: fotoschimpi

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas