A campaña de recollida de sinaturas impulsada por nais e pais de árbitros menores para reclamar a readmisión de Manuel Espasandín Romar como subdelegado recibiu un apoio sen precedentes en toda a comarca, especialmente no ámbito político.
Entre quen asinaron destacan:
● Lolo Espasandín (BNG), alcalde de Zas.
● Sandra Ínsua (PSOE), alcaldesa de Camariñas, xunto con todos os concelleiros do PSOE de Camariñas.
● José Manuel Mato, alcalde de Ponteceso.
● Sandra Vilela, tenente de alcalde de Muxía e deputada autonómica.
● Paula Mouzo Mas (PP), deputada autonómica e presidenta do PP de Camariñas, acompañada de todos os concelleiros do PP de Camariñas.
● Xurxo Rodríguez Baña, representante comarcal do BNG na Costa da Morte.
● David Gómez Brandáriz, presidente do PP de Zas.
● Manuel Rodríguez “Roque”, presidente do PP de Vimianzo.
● Varios concelleiros do PSOE de Vimianzo que tamén se sumaron á petición.
Os pais, a pesar de contar con tempo moi limitado polos seus traballos e coidado familiar, lograron recadar numerosas adhesións e este respaldo político transversal, sen fisuras partidistas e con só un obxectivo común: que Manuel volva a ocupar un posto do que nunca debería terse apartado.
Ademais, a recollida de sinaturas online roza xa as 350 firmas confirmadas. A Costa da Morte demostra así que, máis alá de cores e siglas, existe unha única prioridade: a xustiza para Manuel Espasandín Romar e a protección da ilusión dos nosos pequenos árbitros.
Desde a plataforma de pais e nais de árbitros menores da Costa da Morte, declaran que «os pais e nais seguiremos nos próximos días e semanas recolectando apoios políticos, de clubes de fútbol e doutras institucións para impulsar esta causa ata a súa total resolución».
Fotos e info: Plataforma de nais e pais de árbitros menores da Costa da Morte









