Unha das referentes do BBCA é Patricia Yáñez Fernández (Ferrol, 1996), escolta e capitá na súa cuarta tempada no club, combinando liderado e compromiso.
Formada nas Mercedarias, deu o salto ao Baxi, onde militou durante sete tempadas, antes de asumir un papel protagonista no proxecto actual, achegando experiencia, carácter e arraigamento a un equipo que segue crecendo.
Que significa para ti formar parte do BBCA?
Para min, en primeiro lugar, é moi bonito poder xogar nun club da miña cidade, que aposta fortemente pola formación dos nenos e nenas que viven nela contribuíndo a que o baloncesto siga crecendo en Ferrol. En canto ao persoal, foi un orgullo poder formar parte dun grupo que nestes anos conseguiu ascender de categoría e manter a praza na mesma e así poder seguir crecendo nesta familia.
Como levas a responsabilidade de ser a capitá?
É unha responsabilidade moi bonita, sinto agradecida pola confianza. Tento asumila con compromiso animando nos momentos difíciles e celebrando xuntas os logros. E tamén poder ser un apoio para o equipo dando o mellor de min dentro e fóra do campo.
Como valoras a tempada?
O principio de tempada foi máis complicado, moitas non habiamos xogando xuntas e a liga era nova para a maioría, iso fixo que tivésemos que empezar case de cero e coñecernos aos poucos dentro do campo. Con traballo, compromiso e moitas ganas, fomos crecendo como equipo. A pesar das derrotas, agora temos un grupo moi unido, con ambición e con ganas de dar o mellor. Cada vez competimos mellor, loitamos todos os partidos e nótase que nos entendemos moito máis. Iso é o que nos está axudando a sacar cousas adiante. Pero co que quedo é coa unión do grupo. Está a ser unha tempada intensa, con momentos moi bonitos e outros complicados, pero sempre remamos xuntas co apoio dos adestradores e iso é o que máis valoro.
Foto: sadmoody241




