Sofía Paz: “Á afección daríalles as grazas polo apoio que nos dan”

Sofía Paz Piñón (Cedeira, 2003) é unha futbolista feita de entrega, talento e carácter.

Afronta a súa segunda tempada no Cultural Maniños convertida nunha peza imprescindible dentro e fóra do campo. Interpreta as xogadas con personalidade desde a medular, pero a súa polivalencia permítelle responder con garantías en calquera posición. Con traxectoria no Cedeira, Cebarca e Discalzas, nunca escatima esforzos para axudar ao equipo. Ten calidade, bo toque, control e visión, pero tamén liderado, sacrificio e alma competitiva. Sofía representa esa clase de xogadora que todo adestrador/a quere no seu equipo, capaz de elevar o nivel colectivo nos partidos.

Como ves o nivel da tempada?
Este ano creo que hai moito nivel por parte de todos os equipos, pero penso que hai unha clara diferenza entre os equipos situados máis arriba da táboa. Pola nosa parte, creo que poderiamos competir moito mellor, pero as lesións e outros factores externos castigáronnos moito en partidos nos que quizais poderiamos sacar algún punto.

Cal é a clave do teu bo rendemento en calquera rol?
É complicado, sobre todo cando en cada partido che toca algo diferente para axudar ao equipo. Creo que a clave é saír ao campo coas cousas moi claras e escoitar moito ás compañeiras que tes preto no campo para que che axuden. Comunicación e saír sen medo a nada.

Acude moita afección a O Pote, que lles dirías?
Daríalles as grazas polo apoio que nos dan cada fin de semana, xa que, a pesar da tempada difícil que levamos, non deixan de acudir para apoiarnos. Axúdannos mentalmente nos momentos nos que as cousas non saen ben e sempre se alegran cando saen ben, e iso sempre é de agradecer.

Foto: sadmoody241

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas