Víctor Freire: “Estamos todos emocionados e contentos”

Víctor Henrique Freire Dos Santos (Ferrol, 2004) chegou ao Narón O Freixo para deixar pegada desde o primeiro balón, combinando descaro, talento e unha entrega que contaxia ao equipo enteiro.

O ferrolán é un atacante eléctrico, deses que aparecen cando máis queima o partido, e defendeu esta tempada as cores do club con instinto goleador. Con pasado no Cultural Maniños e no fútbol sala en Lugo, modalidade que continúa practicando hoxe en día, medrou entre espazos curtos, regates imposibles e decisións rápidas. Cando ten o balón nos pés, Víctor Freire converte calquera chispa nun perigo constante para todos os rivais.

Que sentes ao ascender na túa primeira tempada?
Estamos todos emocionados e contentos, e queriamos quedar primeiros porque o ascenso xa estaba conseguido.

Como viches o nivel da liga?
Aínda que sexa a última liga, hai bo nivel e partidos moi difíciles; ata o último pode darche un susto.

Que partido che resultou máis complicado?
O máis complicado foi contra o Monfero, xa que son os primeiros e o equipo máis duro co que nos atopamos.

Foto: sadmoody241

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas