Roi Losada: “Este grupo sempre tivo mentalidade de gañadores”

Roi Losada Gordaliza (A Coruña, 2003), é colocador e afronta a súa quinta tempada no Intasa San Sadurniño. Na súa traxectoria pasou por Calasancias, Cisneros e Palencia, ademais de ser internacional con España desde os 15 anos. Provén dunha familia vencellada ao voleibol, con pais xogadores e a súa irmá Inés tamén dedicada a este […]

Álex Regueira: “Sen ningunha dúbida foi unha tempada moi boa”

Alejandro Regueira Fidalgo (Ferrol, 2001), coñecido como Álex Regueira, é deses gardametas capaces de cambiar o rumbo dun partido cunha soa intervención. Formado nas categorías inferiores do Racing e do Parrulo, chegando incluso aos primeiros equipos, destaca no Esteo polos seus reflexos espectaculares, seguridade baixo paus e excelente xogo de pés. O seu potente disparo […]

Marta Porto: “Somos unha familia que se apoia sempre”

Marta Porto Cuartero (Ferrol, 2002) é unha escolta criada no BBCA, club no que desenvolveu case toda a súa traxectoria, agás unha campaña nas categorías inferiores do Uni. Traballadora incansable, rápida e solidaria, destaca polo seu compromiso co equipo e polo apoio ás compañeiras. Leva o baloncesto nas veas, como a súa familia, pois as […]

Víctor Freire: “Estamos todos emocionados e contentos”

Víctor Henrique Freire Dos Santos (Ferrol, 2004) chegou ao Narón O Freixo para deixar pegada desde o primeiro balón, combinando descaro, talento e unha entrega que contaxia ao equipo enteiro. O ferrolán é un atacante eléctrico, deses que aparecen cando máis queima o partido, e defendeu esta tempada as cores do club con instinto goleador. […]

Sofía Paz: “Á afección daríalles as grazas polo apoio que nos dan”

Sofía Paz Piñón (Cedeira, 2003) é unha futbolista feita de entrega, talento e carácter. Afronta a súa segunda tempada no Cultural Maniños convertida nunha peza imprescindible dentro e fóra do campo. Interpreta as xogadas con personalidade desde a medular, pero a súa polivalencia permítelle responder con garantías en calquera posición. Con traxectoria no Cedeira, Cebarca […]

Pablo Pitu: “Estou seguro de que nos levantaremos”

Pablo Riveira Luaces “Pitu” (Ferrol, 1984), é o dono da medular no San Sadurniño. Domina ambas pernas con naturalidade, ten visión de xogo privilexiada e posúe un disparo temible desde media e longa distancia. A súa carreira percorreu campos de todo o norte galego, pasando polo Narón Balompé, O Val, Rosalía de Vilaboa, Meirás, San […]