Soemos asociar a práctica deportiva cun estilo de vida saudable, onde valores universais tan importantes como o esforzo, o traballo en equipo, o afán de superación ou a disciplina son fundamentais para alcanzar os nosos obxectivos.
Pero existe outra realidade, na que o deporte para algunhas persoas é sinónimo de violencia e onde as agresión físicas e psicolóxicas son as protagonistas. Por este motivo, no equipo WATS cremos no poder da educación e dos valores para loitar contra esta realidade, avanzando a favor dun deporte inclusivo, integrador e igualitario. ¡O noso obxectivo é ser o equipo mais grande do mundo contra a violencia no deporte!
OS SEIS TIPOS DE VIOLENCIA NO DEPORTE
Para entender mellor esta realidade, onde a violencia forma parte da idea de deporte que teñen algunhas persoas, é necesario coñecer os seis tipos de violencia que se dan para saber detectalos e poñerlles freo:
- Violencia física e psicolóxica: patadas, empuxóns, insultos, comentarios despectivos ou expresión descalificadoras.
- Abusos sexuais: calquera actividade sexual sen consentimento: NON é NON.
- LGTBIfobia: rexeito e discriminación as persoas lesbianas, gais, bisexuais, transexuais e intersexuais.
- Racismo e xenofobia: discriminar a unha persoa ou colectivo por motivos de orixe, cor de pel, nacionalidade, cultura, lingua materna ou relixión.
- Situación machistas: todas aquelas actitudes, conductas, crenzas e prácticas sociais destinadas a promover a superioridade do home fronte a muller.
- Acoso entre iguais: é o acoso constante e persistente, baseado na relación de poder e o desexo de dominación dun/dunha igual cara outro/a, como mecanismo para a auto reafirmación persoal.
FERRAMENTAS DE PREVENCIÓN
Para frear estes seis tipos de violencia, é fundamental capacitar con formación específica ás persoas responsables da educación deportiva dos menores. Para iso, dende o equipo WATS desenvolvemos tres liñas formativas online que capacitan en materia de non-violencia os/as adestradores/as, as familias dos deportistas e recentemente creamos unha formación específica para as/os delegados de protección da infancia e adolescencia no deporte. Esta nova figura de Delegado/a é obrigatoria por lei en tódolos contornos onde se traballe con menores.
Se queres que o deporte asóciese a un estilo de vida sa e con valores, debemos traballar todos e todas por un deporte libre de violencia, onde primen actitudes de inclusión, integración e igualdade. ¿Úneste ao noso equipo?