ADRIÁN LÓPEZ «MAKAAY»: O regreso do capitán

O capitán da SD Fisterra, Adrián López, “Makaay”, regresou na xornada 18 (SD Fisterra – At. Coruña Montañeros, 2-2) ao fútbol despois da súa prolongada ausencia por unha lesión.

O seu último choque foi na rolda 5ª. O certo é que a presenza do dianteiro, que entrou no Ara Solis no minuto 58, foi determinante, xa que seu foi o tanto do empate final e desta forma, o equipo volve puntuar na Preferente Galicia. Makaay disputou o seu último encontro no SD Fisterra – Betanzos C.F, o pasado día 9 de outubro, tamén en Ara Solis, e agora volveu, unha xornada antes de concluír a primeira volta.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas