O Racing remontou ante o Algeciras CF e levouse a vitoria por 2-1 que lles permite subir ata a cuarta posición.
Parralo formou no once inicial ante o Algeciras a Gazzaniga, Aitor Pascual, Jon García, David Castro, Enol Coto, Fran Manzanara, Jesús Bernal, Héber Pena, Carlos Vicente, Luis Chacón e Manu Justo.
Os ferroláns tiveron unha boa ocasión nos primeiros minutos de xogo tras unha boa xogada colectiva que terminaba en pase de Luis Chacón para Manu Justo e no último instante rexeitaba a defensa rival. Pero sería o Algeciras quen golpeara primeiro tras un penalti cometido por Gazzaniga ao derribar a Roni. Álvaro poñería o 0-1 ao trasformar a pena máxima.
O Racing rozou o empate no 21 tras unha falta lanzada por Héber, peina David Castro e Rubén Miño rexeita cunha gran parada por abaixo. No minuto 35 os locais non fallarían tras un gran pase filtrado de Jon García a Carlos Vicente, que deixaba atrás para que Manu Justo rematara de primeiras e puxera o 1-1 no marcador.
Co empate, ambos os dous conxuntos marcharon ao descanso. O Racing dominaba o partido e merecía un mellor resultado.
Tras a reanudación, o Racing daba a volta ao marcador cunha gran xogada de Carlos Vicente pola banda e que deixaba un pase atrás para que Luis Chacón marcara o segundo dos ferroláns.
Gazzaniga faría unha gran parada nun córner no que o porteiro local detiña o balón sobre a liña de gol. O Racing pouco a pouco defendia o resultado ante un Algeciras que presionaba moi alto buscando o empate.
No 85′ David Castro disparou desde o seu campo e case sorprende a Rubén Miño, que tivo que facer unha boa intervención para evitar o gol racinguista.
Ao final, o Racing levaría a vitoria tras unha gran primeira parte e un gran inicio da segunda. Os ferroláns agora mesmo son cuartos na clasificación da Primeira Federación con 46 puntos.
RESULTADO: Racing 2-1 Algeciras CF
RACING CLUB FERROL: Gazzaniga, Aitor Pascual, Jon García (Quique Fornos 69′), David Castro, Enol Coto, Fran Manzanara (Álex López 66′), Jesús Bernal, Héber Pena (Jorge Padilla 82′), Carlos Vicente (Jaume Jardí 82′), Luis Chacón (David del Pozo 69′) e Manu Justo.
ALGECIRAS CF: Rubén Miño, Benítez (Ferni 45′), Van Rijn, Amoah, Iván (Rodrigo 67′), Roni, Álvaro (Sidiki 82′), Elejalde, Mario Ortiz (Borja Fernández 39′), Albarrán e Mena (Serrano 67′).
GOLES: 0-1 Álvaro (5′ penalti), 1-1 Manu Justo (35′) e 2-1 Luis Chacón (48′).
ÁRBITROS: Alfonso Vicente Moral como principal, José María Madrigal Pérez e Miguel Murciego Cabezas como asistentes e Javier Figueirido Comesaña como cuarto.
TARXETAS: Amoestaron aos locais Gazzaniga (4′), Fran Manzanara (58′), Aitor Pascual (87′) e Padilla (89′), e aos visitantes Iván (12′), Roni (19′), Benítez (25′), Mario Ortiz (38′), Ferni (64′) e Amoah (75′).
INCIDENCIAS: Partido correspondente á 26ª xornada da Primera Federación disputada no estadio A Malata cunha asistencia de 3500 afeccionados.
Compartir:
Novas relacionadas

Tres medallas na Supercopa de España Júnior de Ourense
O pasado sábado día 12, a Agrupación Deportiva Judo Ferrolterra desprazouse a Ourense para disputar a Supercopa de Ourense Júnior con catro judocas, dos cales

O Ensino impide que o Baxi Ferrol revalide o título da Copa Galicia
O Baxi Ferrol non puido revalidar o título da Copa Galicia tras caer na final ante un Ensino que soubo reaccionar ao bo inicio do

O Baxi Ferrol métese na final e defenderá a coroa da Copa Galicia
O conxunto de Lino López xa está na gran final da Copa Galicia tras superar onte ao Celta Femxa Zorka por un axustado 57-59 no

O circuíto municipal prepárase para unha nova xornada de motor co 23º Autocross Carballo, puntuable para o campionato galego
O Circuíto Municipal de Carballo volverá converterse este sábado 12 de setembro nun dos grandes puntos de encontro do automobilismo galego coa celebración do 23º

O SAL pecha unha intensa semana de Campionatos de España en Razo con títulos nacionais, podios e destacados resultados entre a elite
O club larachés competiu durante seis días consecutivos nos Campionatos de España Xuvenil, Júnior e Absoluto de Praia, acadando dous títulos nacionais, unha prata, un
© Copyright 2021. BISBARRA EN XOGO | Desarrollado por Creatigal