Os ferroláns sumaron un punto no empate 3-3 ante o Inagroup El Ejido Futsal nun partido con moita polémica no que O Parrulo chegou a estar en dúas ocasións en inferioridade numérica polas expulsións de Adri e Kevin Chis.
O partido arrincou con moita intensidade por parte de ambos os dous conxuntos presionando moi alto. O Parrulo dominaba máis o xogo e gozou dunha boa oportunidade nas botas de Kevin Chis que marchou fóra por pouco. Pero sería o conxunto visitante quen golpearía primeiro aproveitando unha boa contra na que Pele superou a Coro no man a man.
Os ferroláns reaccionarían presionando sen parar en busca do empate e nunha boa xogada de Héder aos 7 minutos lograría fusilar desde dentro da área a Manolo para poñer as táboas no marcador. O Parrulo seguía a dominar o encontro e gozaría de varias ocasións, pero nunha nova contra dos visitantes Rahali faría o segundo noutro man a man ante Coro.
Os de Marrube presionaban sen descanso e tras un disparo de Kevin Chis, Novoa lograba aproveitar o rexeite e empatar o encontro. Antes do descanso, O Parrulo puido poñerse por diante nunha dobre ocasión de Charly e Rubén Orzáez, pegando o balón no traveseiro. O marcador non se movería máis ata o descanso.
A segunda metade comezou cun bonito acto de deportividade por parte de Hélder, na que o porteiro e un defensa rival mancábanse e Hélder paraba non remataba a porta e paraba o xogo. As cousas complcaríanse para os ferroláns cando o árbitro sacaría a segunda amarela a Adri, que deixaba ao Parrulo en inferioridade. Os de Marrube defendían moi ben estos minutos cun home menos, con boas paradas de Coro e unha defesa férrea.
O Parrulo recuperaba a igualdade no campo e incluso poñeríase por diante no marcador tras un gol en propia de Armando. Os ferroláns volverían a quedar cun home menos coa expulsión de Kevin Chis, que xa estaba amoestado, e recibiría o segundo cartón. As dúas expulsións xeraron moito enfado na bancada local. Os rivais presionaban e O Parrulo trataba de defender a inferioridade. De novo os rivais non aproveitaron ante a boa defensa dos de Marrube, que recuperaban a igualdade.
A falta de 16 segundos para rematar o encontro, o conxunto visitante lograba o empate nas botas de Juanan e así quedaría o resultado final con reparto de puntos entre ambos os conxuntos.
RESULTADO: O Parrulo Ferrol 3-3 Inagroup El Ejido Futsal
O PARRULO: Coro, Hélder, Adri, Novoa e Kevin Chis; tamén xogaron Charly, Rubén Orzáez, Keita, Iván Rumbo.
INAGROUP EL EJIDO FUTSAL: Manolo, Josete, Pipi, Pele e Juanan; tamén xogaron Chus, Nacho Gil, Cola, Rahali, Peña e Armando.
GOLES: 0-1 Pelé (2′), 1-1 Hélder (7′), 1-2 Rahali (11′), 2-2 Novoa (15′), 3-2 Armando (24′ en propia) e 3-3 Juanan (39′).
ÁRBITROS: Peregrino Abdulay e Iñaki Castrillejo. Amoestou a Álex Regueira e expulsou por dobre amarela a Adri e Kevin Chis, mentres que polos visitantes amoestou a Pipi e Nacho Gil.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á 21ª xornada da Segunda División no Pavillón de A Malata.